Carta do papa Vixilio ao bispo Profuturo II de Braga: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
mSen resumo de edición
Liña 1:
A '''carta do papa Vixilio ao bispo Profuturo II de Braga''' (en [[latín]] '''''Epistula Vigilii papae ad Profuturum episcopum''''') é un documento escrito o [[29 de xuño]] de [[538]] por [[Vixilio, papa|Vixilio]] en resposta a outra carta previa de Profuturo II de Braga, que non se conserva. Nesa carta Profuturo pedía ao [[papa]] consellos sobre unha serie de cuestións do goberno da [[diocese de Braga]], que se poden deducir do contido da resposta<ref>{{cita libro|autor1={{Versaleta|[[Philipp Jaffé|Jaffé, P.]]}}|autor2={{Versaleta|[[Samuel Loewenfeld|Loewenfeld, S.]]}}|ano=1885|título=[[Regesta pontificium Romanorum]]|volume=I|lugar=Leipzig|páxina=117}}</ref>.
== Contido da carta ==
A carta do papa é un testemuño de grande importancia para coñecer a situación do [[cristianismo]] no [[reino suevo]] a principios do século VI. Nesa altura o [[catolicismo]] debía ser a relixión maioritaria da poboación, ben que non a relixión hexemónica. As elites suevas manteríanse fieis ao [[arianismo]], en tanto o común da poboación, en especial nas áreas rurais, conservaba ritos pagáns e tradicións herdadas do [[priscilianismo]]. É unha das poucas fontes, xa escritas, xa arqueolóxicas, sobre a situación do reino suevo entre os anos 467469 (en que finaliza a [[Hidacio|Crónica de Hidacio]]) e o 550.
 
Seguindo ao profesor Manuel Núñez Rodríguez<ref>{{Cita libro|título=Arquitectura prerrománica|apelidos=Núñez Rodríguez|nome=Manuel|editorial=Colexio de Arquitectos de Galicia|ano=1978|ISBN=8440054181|ref=|páxinas=32-35}}</ref>, a carta toca cinco temas fundamentais:
# O papa pide que non se reciba na Igrexa as persoas que, seguindo o rito priscilianista, rexeitasen consumir carne. Segundo Núñez Rodríguez, desta resposta derívase que as prácticas priscilianistas continuaban vivas no territorio suevo.
# O papa exhorta Profuturo a adoptar o ritual romano da tripla inmersión no bautismo. O rito hispánico, para diferenciarse do ariano, non contemplaba máis que unha inmersión.
# O papa indica que se debe impor penitencia a quen abxure do arianismo para retornar ao catolicismo. Segundo Núñez Rodríguez, esta resposta e a anterior demostran a puxanza do arianismo no territorio suevo. Con todo, bené posíbel que esteindique comezasetamén aos devalarinicios do seu devalo en favorprol do catolicismo.
# O papa dita instrucións sobre o modo en que deben ser consagradas as igrexas restauradas. Segundo Núñez Rodríguez, esta resposta revela que na época era práctica corrente reaproveitar edificios relixiosos en troques de construír outros novos.
# O papa estabelece un calendario de celebración da [[Pascua cristiá|Pascua]] e aclara dúbidas sobre o [[canon litúrxico]]. Segundo Núñez Rodríguez, esta resposta revela que as prácticas litúrxicas católicas podían verse facilmente afectadas por rituais de orixe priscilianista.
Ademais, antes da despedida, o papa promételle a Profuturo o envío de reliquias, aínda que non especifica cales. En opinión de Pablo Díaz Martínez, esta promesa debe tamén interpretarse dentro do conflito entre o arianismo e o catolicismo. As reliquias servirían de propaganda e de confirmación do poder da Igrexa católica<ref>{{Cita libro|título=El reino suevo (411-585)|apelidos=Díaz Martínez|nome=Pablo|editorial=Akal|ano=2011|ISBN=9788446028505|ref=|páxinas=222-223}}</ref>.
 
== Notas ==