Eugenio Montes: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Estevoaei (conversa | contribucións)
+ imaxe
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 12:
En [[1926]] obtivo a cátedra de Filosofía en [[Cádiz]], onde coñeceu a [[José María Pemán]]. Logo pasou dous anos en [[París]] estudando na [[Sorbona]].
 
Colaborou coa ''[[Revista Nós]]'', dirixida por [[Vicente Risco]], na que publicou poemas en galego que combinan a vangarda coa tradición galega. Ao mesmo tempo que en ''Nós'', publicou noutros diarios e revistas galegos. En [[lingua galega]] publicou tres libros e mais un pequeno ensaio, "Estética da muñeira" que saiusaíu na revista ''Nós'' (1922). Seus son os libros de relatos ''O vello mariñeiro toma o sol'' (1922) e ''Tres contos'' (1930). O título do poemario ''Versos a tres cás o neto'' (1930) está inspirado as obras ''Pomes Penyeach'' de [[James Joyce]] (1917, traducible como "Mazás a un penique")<ref>[[Claudio Rodríguez Fer|Rodríguez Fer, Claudio]] (1981): "A poesía galega de Álvaro Cunqueiro”. ''Grial'': 74, 171-181.</ref> ou ''[[A ópera dos tres reás]]'' de [[Bertolt Brecht]] (1928).
 
A principios da década de 1930, decidiu dedicarse exclusivamente ao [[xornalismo]], e foi correspondente dos xornais ''[[ABC (xornal)|ABC]]'' e ''[[El Debate]]'' en varias capitais europeas durante os anos 30.