Alcioneo: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
comezo |
máis |
||
Liña 3:
[[Ficheiro:Athena contra Alkyoneus, Nike.JPG|miniatura|Atenea loitando contra Alcioneo, mentres Xea, a nai deste, pide clemencia (Altar de Pérgamo, Berlín)]]
Na [[mitoloxía grega]] '''Alcioneo''' (ou '''Alción''') era un [[xigantes (mitoloxía grega)|xigante]] de inmenso tamaño e forza terrible, fillo -como o resto dos Xigantes- de [[Xea]] (a terra) e [[Tártaro (deus)|Tártaro]], un dos deuses primordiais. Este deus era a personificación do [[Tártaro (mitoloxía)|Tártaro]], rexión no máis profundo do inframundo onde se mantiña encerrado ós [[Titán (mitoloxía)|Titáns]].
Os Xigantes, incitados por Xea como vinganza pola sorte sufrida polos [[Ciclope]]s e os [[Hecatonquiros]], tamén fillos seus, rebeláronse contra [[Zeus]] e o resto dos [[deuses olímpicos]] nunha guerra coñecida como [[Xigantomaquia]], na que foron derrotados e mortos. Aínda que os Xigantes foran de raza divina, eran mortais, pero sempre que foran feridos simultaneamente por un [[deus]] e un mortal, polo que Zeus chamou ó seu lado ó heroe [[Heracles]]
Ancioneo e [[Porfirión]] foron os principais protagonistas do enfrontamento. Alcioneo tiña a propiedade da inmortalidade mentres loitase na terra onde nacera ([[Palene]], en [[Macedonia]]), por iso erguíase de novo unha e outra vez tras ser ferido polas frechas de Heracles (envenenadas co sangue da [[Hidra de Lerna]]). Aconsellado por [[Atenea]], Heracles logrou sacar a Alcioneo da súa terra e así conseguiu acabar con el. As distintas fontes dan dúas explicacións: para uns arrastrouno ata fóra do seu territorio; para outros, Heracles simulou fuxir enganando ó xigante, que ó perseguilo non se deu de conta que estaba fóra da súa terra.
==Véxase tamén ==
=== Bibliografía ===
* GRIMAL, Pierre: ''Diccionario de mitología griega y romana''. Ed. Paidós, 1981.
* [[Hesíodo|HESÍODO]]: ''[[Teogonía|Teogonía. Trabajos y días. Escudo. Certamen]]'', Alianza Editorial, 3ª ed., 2013 [a numeración segue a utilizada neste texto]
** Universidad de Salamanca <sup>[http://campus.usal.es/~licesio/L_M_V/Hesiodo_Teogonia.pdf]</sup>
{{Mitoloxía grega}}
{{Control de autoridades}}
[[Categoría:Xigantes]]
|