Ilíada: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
→‎Os homes: cambiado por →‎Os humanos: . Non estamos falando só de personaxes identificados co xénero/sexo masculino, senón referíndonos á especie humana. Tamén son mencionadas mulleres, polo que o máis correcto sería empregar esta acepción.
Lameiro (conversa | contribucións)
Liña 83:
Homero, pertencente á esfera dos aedos que xestaran e transmitiran poemas orais ó longo dos séculos escuros, foi o primeiro que, coa axuda da escritura alfabética reacabada de introducir en Grecia (aproximadamente no 800 a.C.), puxo por escrito gran parte dos materiais da arte dos aedos para compoñer un poema de gran extensión e cunha planificación unitaria. Con el empeza a chamada "textualidade occidental".
 
O que segue son algúns dos antecedentes e desenvolvementos histórico-mitolóxicos da [[guerra de Troia]], coñecido por autores posteriores. Tanto Zeus como [[Poseidón]] desexaban a ninfa [[Tetis (nereida)|Tetis]] como esposa (cfr. Ístmica VIII de Píndaro) pero a profecía feita por [[Prometeo]] ou [[Themis]] aseguraba que o fillo de Tetis sería máis forte có seu pai. Debido a isto, Tetis foi entregada a un mortal: [[Peleo]], da casta dos Eácidas, que, por non ter nada que perder, puido enfrontarse ó perigo de casar con Tetis. O froito deste obrigado matrimonio foi Aquiles, o mellor dos heroes. Segundo algunhas versións posteriores á Ilíada, Tetis, para protexelo, cando era neno, mergullouno no [[río Styx]], converténdoo en invencible excepto polo calcañar (o lendario [[calcañar de Aquiles]]) co que o agarrou. Aquiles medrou deste xeito para chegar a ser o máis grande dos guerreiros mortais.
 
A muller máis fermosa do mundo era [[Helena]], filla de [[Leda]] ou Némesis e máis Zeus. Todo o mundo procuraba a súa man. O seu pai, dubidando de a quen escoller por temor a facer inimigos entre os que non fosen elixidos, resolveu o problema facéndolles xurar a todos os pretendentes que protexerían a Helena e o seu futuro marido. Entre eles estaban [[Agamenón]], [[Aiax]]Áiax o Grande|Áiax]], [[Diomedes]], [[Odiseo]], [[Néstor (mitoloxía)|Néstor]], [[Idomeneo]] e [[Filóctetes]]. Helena casou con [[Menelao]] de [[Esparta]] e a súa irmá [[Clitemnestra]] co irmán de Menelao, Agamenón de [[Tebas, Grecia|Tebas]]. Nunha misión diplomática a Esparta, [[Paris]] namórase de [[Helena]], que fora a súa vez prometida a Paris por Afrodita [sc. xuízo de Paris] e é raptada e levada a Troia por aquel. Furioso porque ou ben [[Helena]] o abandonara ou fora raptada, Menelao fai que todos os que fixeran o xuramento unan as súas forzas e se dirixan a Troia para rescatar a princesa e castigar os raptores. Desembarcados en Troia, asedian a cidade durante dez anos.
 
== Notas ==