Flor: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 85:
[[Ficheiro:Plantago-media.jpg|miniatura|125px|dereita|Exemplo dunha flor anemófila, a flor axítase polo vento e dispersa o pole]]
A maioría das flores poden dividirse en dous grupos segundo o método de polinización:
* '''Entomófilas''': estas flores atraen e empregan insectos, [[morcegomorcegos]]s, [[paxaroaves|paxaros]]s e outros animais para transferir o pole dunha flor á seguinte. Xeralmente teñen formas especiais e unha distribución dos [[estame]]s que aseguro que os grans de [[pole]] son transferidos aos corpos dos polinizadores cando se pousan na flor na procura de néctar. Segundo se pousa en distintas flores da mesma especie, o portador do pole transfire este pole nos [[Estigma (botánica)|estigmas]] das flores que visita. Moitas flores confían na proximidade simple entre as pezas da flor para asegurar a polinización. Outras, coma a ''[[Sarracenia]]'', teñen deseños elaborados para asegurar a polinización cruzada mentres que preveñen a autopolinización.
* '''Anemófilas''': estas flores empregan o [[vento]] para mover o pole dunha a outra, como por exemplo nas [[gramíneagramíneas]]s. Non teñen necesidade de atraer polinizadores e polo tanto xeralmente non teñen flores vistosas. Mentres que as floras das entomófilas tenden a ser largas e ricas en proteínas, as flores anemófilas teñen xeralmente grans pequenos, moi lixeiros e cun valor nutricional pequeno para os insectos.
* '''Cleistógamas''': algunhas flores polinízanse a si mesmas e nunca abren ou se polinizan antes de que a flor abra, estas flores chámanse cleistógamas. Moitas especies de Viola e Salvia teñen este tipo de flores.