Titanomaquia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Lameiro (conversa | contribucións)
máis
Liña 5:
Na [[mitoloxía grega]], a '''Titanomaquia''' (en [[grego antigo]] Τιτανομαχία ''Titanomakhía'') foi unha longa guerra entre [[Zeus]] e os seus irmáns, os deuses olímpicos, co apoio doutros personaxes, contra [[Cronos]] e os seus irmáns, os [[titán (mitoloxía)|titáns]]. Trala vitoria de Zeus, os titáns foron encadeados e condeados ó [[Tártato (mitoloxía)|Tártaro]] e Zeus converteuse no Deus do [[Monte Olimpo, Grecia|Olimpo]].
 
Ó lado de Zeus combateron os deuses [[Hestia (deusa)|Hestia]], [[Hera]], [[Deméter]], [[Poseidón]] e [[Hades]], a deusa [[Hécate (mitoloxía)|Hécate]] (descendente de [[Gaia|Xea]] e [[Ponto (mitoloxía)|Ponto]]). Tamén [[Prometeo]] e [[Epimeteo (mitoloxía)|Epimeteo]] (fillos de Iápeto). Avanzada a guerra, Zeus veuse obrigado, portrala conselloprofecía de Xea, a liberar os [[Hecatonquiros]] e os [[Ciclope]]s para que o axudaran.
 
Fronte a Zeus, ademais de Cronos, loitaron os outros titáns ([[Ceo(mitoloxía)|Ceo]], [[Hiperión (mitoloxía)|Hiperión]], [[Crio (mitoloxía)|Crio]] e [[Iápeto (mitoloxía)|Iápeto]]), así como [[Atlas (mitoloxía)|Atlas]] e [[Menecio]] (tamén fillos de Iápeto).
Liña 12:
 
Algúns autores, como [[Ovidio]]) confúndena coa [[Xigantomaquia]], a pesar das múltiples diferenzas entre ambos mitos.
 
== Desenvolvemento==
 
[[Hesíodo]] describe a '''Titanomaquia''' na súa ''[[Teogonía]]''. Explica que durante anos se enfrontaron na guerra os titáns e os deuses sen que a vitoria se decantase por ningún dos dous bandos. Foi entón cando Xea comunicou a Zeus unha profecía, segundo a cal só coa axuda dos Ciclopes e os Hecatonquiros conseguirían vencer. Zeus liberounos das súas cadeas no Tártaro e deunos a comer [[néctar]] e [[ambrosía]], alimentos dos propios deuses olímpicos, e pediulles a súa axuda para loitar contra os titáns.
 
Axiña aceptaron prestar a axuda solicitada e comezou o combate final, que por fin se mostrou favorable ós Deuses, porque a forza dos Ciclopes e dos Hecatonquiros, que lanzaban enormes rochas cos seus cen brazos contra os titáns, xunto a toda a forza dos raios de Zeus, fixo retroceder ós titáns, para rematar encadeándoos e lanzándoos ó Tartaro, onde quedaron pechados para sempre e vixiados por Coto, Gies e Briáreo.
 
==Véxase tamén ==