Pierre Joseph Proudhon: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nicole (conversa | contribucións)
Liña 5:
 
== Traxectoria ==
Proviña dunha familia de artesáns e campesiños. O seu pai, toneleiro e cervexeiro, considerou que a cervexa que fabricaba non debía venderse cun valor por encima do prezo de custo (incluído o seu salario) pero lle permitiu vivir coa súa familia. A súa nai era [[cociñeira]]. El mesmo traballou toda a súa vida manualmente: primeiro, como toneleiro, xunto ao seu pai; despois, como mozo de labranza, logo, como tipógrafo...
 
Orixinario, como [[Charles Fourier]], do [[Franco Condado]], no que, como di G. Lefranc, "''ata a revolución de [[1789]], houbo servos ao servizo das abadías, pero que desde a [[Idade Media]] ía orientándose cara a fórmulas cooperativas, mediante a constitución de froiterías''", as súas concepcións económicas e sociais teñen unha primeira e profunda raíz nas observacións da súa infancia sobre o traballo, a propiedade, a venda, o xusto prezo.