Grumman F-14 Tomcat: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 25:
 
[[Ficheiro:F-14over USS Carl Vinson CVN-70.jpg|miniatura|Un F-14 sobrevoando o portaavións USS Carl Vinson]]
Para facilitar a posta en servizo do F-14, planeouse usar a tecnoloxía de motor e armas do F-111, e despois, introducir progresivamente novos motores e novos sistemas de armamento na estrutura do F-14. Así foi como o designado F-14A foi equipado cos mellorados motores TF-30 e o sistema de armas AN/AWG-9. O plan orixinal era construír só uns pocos F-14, xa que o TF-30 era coñecido por ser un motor problemático. Ademais, o motor non estaba deseñado para operacións de cazas e só dispoñía dun 74% do empuxe para o que o F-14 foi deseñado. O seguinte F-14B usaría un motor dunha tecnoloxía máis avanzada. O "B" sería seguido polo F-14C, cun novo sistema de armamento, substituíndo ao AN/AWG-9. Porén, o reemprazosubstitución do AN/AWG-9 foi atrasado. Cando finalmente se presentou o AN/APG-71, foi asignado para o novo F-14D, polo cal o F-14C nunca foi producido.
 
Agardábase que o Tomcat fose un caza/interceptor e que defendese aos grupos de portaavións dos avións soviéticos. Levaba o radar AN/AWG-9 orixinalmente desenvolvido para o F-111B, capaz de detectar bombardeiros a distancias de máis de 160 km, rastrexando 24 obxectivos e atacando a 6 ao mesmo tempo. A arma principal do F-14 era o mísil Phoenix AIM-54, capaz de atacar un obxectivo a 200 km. O F-14 foi o único avión en levar esta arma, que foi deseñada como parte do sistema de armas do Tomcat. Aínda que podía levar ata 6 deses mísiles, o seu peso só permitía que o F-14 aterrase nun portaavións cunha carga de 2. Os mísiles de rango medio eran o [[AIM-7 Sparrow]] e o [[AIM-9 Sidewinder]], e un canón M61 Vulcan de 20 mm para curtas distancias completaba o armamento do F-14.