Reintegracionismo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Correcção do nome da série de "Vadaga Palace" para "Vidago Palace" e inclusão do respectivo link para a página wikipedia em Português.
→‎A ILP Paz-Andrade: ligazóns internas
Liña 1:
O '''reintegracionismo''' ou '''lusismo'''<ref>{{DRAG|lusismo}}</ref> é unha postura lingüística que defende que o [[lingua galega|galego]], xunto co resto de variedades da [[lingua portuguesa]], son unha única lingua.<ref>Francisco Fernández Rei ''A situación do galego en Galicia e no occidente de Asturias, de León e de Zamora'' en ''Estudios de sociolingüística románica: linguas e variedades minorizadas''. Universidade de Santiago de Compostela, 1999, páxina 43</ref> Por tanto, as diferentes falas galegas serían, como as portuguesas, parte da mesma [[lingua]], e non dúas linguas do mesmo [[diasistema]] lingüístico como defende a [[Real Academia Galega|RAG]]. Como consecuencia da procura da converxencia entre o galego e o portugués, este movemento propón a adopción da [[normativa reintegracionista do galego]], se ben hoxe en día asociacións como a [[Associaçom Galega da Língua|AGAL]] promoven a convivencia desa norma xunto coa [[normativa oficial do galego]] nun chamado [[binormativismo]].
 
A [[normativa reintegracionista do galego]] ten a súa orixe no ''Estudo crítico das normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego'' de 1983. Estas normas, completadas e actualizadas, poden ser encontradas no ''Compêndio Atualizado das Normas Ortográficas e Morfológicas do Galego-Português da Galiza'' <ref>[https://www.aeg.gal/noticias/item/124-sai-o-compendio-atualizado-das-normas-ortograficas-e-morfologicas-do-galego-portugues-da-galiza "Sai o 'Compêndio atualizado das normas ortográficas e morfológicas do galego-português da Galiza"] AEG</ref> da Associaçom de Estudos Galegos. Pola súa parte, a [[AGAL]] deu un paso alén e encadrou esas normas xunto coas usadas pola xente partidaria de introducir o padrón portugués, nun proceso coñecido como ''confluência normativa''.<ref>[http://www.galiciaconfidencial.com/noticia/42779-agal-aproba-confluencia-duas-tradicions-normativas-reintegracionismo "AGAL aproba a confluencia das dúas tradicións normativas do reintegracionismo"] Galicia Confidencial, 5 de decembro de 2016</ref> Desta confluencia saíu en 2017 o ''Ortografia galega moderna: confluente com o português no mundo'' obra sen carácter prescritivo<ref>[http://agal-gz.org/faq/doku.php?id=pt_agal:normas:norma_da_agal "Ortografia Galega Moderna confluente com o Português no mundo I. Esclarecimentos prévios"]. AGAL</ref> que estabelece a día de hoxe a norma escrita.
 
== Historia ==
[[Ficheiro:Agal.jpg|miniatura|dereita|Logotipo vello da [[AGAL]]]]
Como postura moi minoritaria tivo algúns partidarios a comezos do século XX como [[Xoán Vicente Viqueira]]<ref>Domingos Prieto Alonso ''Planificaçom lingüística do galego:Vicente Viqueira, mestre de dom Ricardo'' en José Luís Rodríguez (ed.) ''Estudos dedicados a Ricardo Carvalho Calero''. Universidade de Santiago de Compostela, 2000, pp. 267-281</ref> ou [[Evaristo Correa Calderón]] e a mediados do século na figura de [[Ernesto Guerra da Cal]]<ref>Maria do Carmo Henríquez Salido ''Caracterizaçom da língua en Ernesto Guerra da Cal'' en ''Homenagem a Ernesto Guerra da Cal''. Universidade de Coimbra, 1997, páxina 277</ref>. Con todo a primeira formulación ortográfica debeuse a [[José Martinho Montero Santalha]] que en [[1976]] publicou na revista ''[[Grial (revista)|Grial]]'' a súa ''Unificación ortográfica galego-portuguesa'', recollendo a proposta que [[Manuel Rodrigues Lapa]] fixera en [[1973]] de adoptar o portugués como a forma literaria do galego, pero matizándoa para defender só un achegamento ortográfico<ref>Serafín Alonso Pintos ''O ideal de lingua na Gramática de Carballo Calero'', ''Grial'' 147, 2000, páxina 473</ref>, afondando nesa liña en ''Directrices para a reintegración lingüística galego-portuguesa'' de [[1979]]. Eses postulados recolleunos [[Ricardo Carballo Calero|Ricardo Carvalho Calero]] a partir de [[1980]] nunha serie de obras. E ao ano seguinte naceu a principal organización reintegracionista; a [[Associaçom Galega da Língua]].
 
== A normativa reintegracionista do galego ==
Liña 28:
''A lingua propia de Galicia, polo feito de ser intercomprensible co portugués, outorga unha valiosa vantaxe competitiva á cidadanía galega en moitas vertentes, nomeadamente na cultural pero tamén na económica. Por isto debemos dotarnos de métodos formativos e comunicativos que nos permitan desenvolvernos con naturalidade nunha lingua que nos é moi próxima e nos concede unha grande proxección internacional.''
 
Entre outras cousas, por causa desta lei o ''[[Diario Oficial de Galicia]]'' (DOGA) permite a súa visualización en portugués, galego e castelán. Tamén é posíbel ver coproducións de series entre a [[Televisión de Galicia|TVG]] e a [[Rádio e Televisão de Portugal|RTP]], como [[Auga Seca]] ou [[:pt:Vidago_Palace|Vidago Palace]].
 
== Galiza na CPLP ==