José López Varela: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 3:
 
== Traxectoria ==
Estudou o Bacharelato e Maxisterio en [[Lugo]]. Tamén foi músico na Banda de Ramil que dirixía o seu pai. Aprobou as oposicións de Maxisterio e foi destinado como mestre á Escola Nacional do Areal de [[Vigo]] en 1916. Colaborou en ''[[Galicia. Diario de Vigo|Galicia]]'' e foi nomeado presidente da Asociación de Mestres de Vigo en 1927.<ref>''[[El Noticiero Gallego (1896)|El Noticiero Gallego]]'', 25-10-1927, p. 2.</ref> Membro do [[Partido Republicano Radical]], foi deputado pola [[provincia de Pontevedra]] nas [[Eleccións a Cortes Constituíntes de 1931 en Galicia|eleccións a Cortes Constituíntes de 1931]]. Nese ano aprobou as oposicións a inspector de Primeiro Ensino e foi destinado a Ourense. Volveu ser elixido deputado nas [[Eleccións a Cortes de 1933 en Galicia|eleccións xerais de 1933]].<ref>[http://hemeroteca.abc.es/nav/Navigate.exe/hemeroteca/sevilla/abc.sevilla/1933/11/22/025.html Noticia en ''ABC'']</ref> En outubro de 1931, nos debates previos da [[Constitución española de 1931|Constitución de 1931]], manifestouse partidario da educación laica e do divorcio;{{Sfn|Arbeloa|2006|p=131}} votou en contra do [[sufraxio feminino]].{{Sfn|Pereira Martínez|2004|p=274}} En maio de 1935 criticou en Cortes o proxecto de Lei de Prensa defendido pola [[CEDA]] elaborado orixinalmente polo ministro radical [[Eloy Vaquero]] sinalando que causaría un «enorme dano».{{Sfn|Townson|2000|p=304}} Foi nomeado Director Xeral de Primeira Ensinanza a finais de 1935 e despois Subsecretario de Traballo e Acción Social. Nas [[Eleccións a Cortes de 1936 en Galicia|eleccións de febreiro de 1936]] integrouse na candidatura de Centro de [[Portela Valladares]], pero non resultou elixido. Tamén foi masón. Co [[golpe de Estado do 18 de xullo de 1936]] foi separado do servizo como inspector de primeiro ensino e dado de baixa no escalafónposto en 1937.<ref>''[[El Pueblo Gallego]]'', 18-5-1937, p. 10.</ref> Foi sancionado economicamente polo Tribunal de Responsabilidades Políticas en 1941 e con inhabilitación de 3 anos para exercer cargo público.<ref>''El Correo Gallego'', 4-10-1941, p. 7.</ref> No franquismo exerceu como avogado en Vigo.
 
== Vida persoal ==