Xuntas Militares de Defensa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 1:
As '''Xuntas Militares de Defensa''' foron unhas organizacións militares, [[Corporativismo|corporativas]], de carácter [[Pretorianismo|pretoriano]], legalizadas en [[España]] en xuño de 1917 durante o reinado de [[Afonso XIII de España|Afonso XIII]]. Amparadas polo [[Afonso XIII de España|rei]] exerceron como grupo de presión militar sobre o poder civil, intervindo activamente na vida política e contribuíndo así á crise do réxime da [[Restauración borbónica en España|Restauración]]. Reconvertidas en ''comisións informativas'' polo [[Ministerio de Defensa de España|ministro de Guerra]], o xeneral [[José Villalba Riquelme]], foron abolidas en novembro de 1922, dez meses antes do [[golpe de estado de Primo de Rivera]] que puxo fin ao [[Período constitucional do reinado de Alfonso XIII|período constitucional do reinado de Afonso XIII]].
 
Nadas en 1916 agrupaban aos xefes e oficiais con destino na península que reclamaban o aumento dos seus salarios (o seu poder adquisitivo diminuíra por mor da inflación provocada pola [[Primeira guerra mundial|Gran Guerra]]) e que tamén protestaban polos rápidos ascensos por "méritos de guerra" que obtiñan os seus compañeiros destinados en [[Protectorado Español de Marrocos|Marrocos]], que lles permitían aumentar os seus ingresos e progresar nona escalafónescala.<ref>Suárez Cortina (2006), p. 193</ref>
 
== Historia ==