Roger Federer: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breobot (conversa | contribucións)
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 60:
;2005
[[Ficheiro:Roger Federer at Wimbledon 2005.jpg|miniatura|200px|No [[Torneo de Wimbledon]] 2005 onde consegue o seu terceiro título de forma consecutiva.]]
O suízo domina de novo o circuíto. Os únicos tropezos do helvético veñen en momentos illados xa que a súa regularidade e consistencia marcan as diferenzas. Federer cae en semifinais do [[Aberto de Australia]] ante [[Marat Safin]] nun partido próximo ás cinco horas de duración que se resolve no quinto set cun 9-7 a favor do ruso, logo de que neste mesmo set o suízo desfrutara dunha pelota de partido. Tamén chega ás semifinais de [[Aberto de Francia|Roland Garros]] onde é derrotado por un novo talento que explota neste 2005, [[Rafael Nadal]]. Baseado nun poderío físico impresionante e unha enterezaenteireza mental digna de recoñecemento, Nadal arrasa na tempada de terra batida e denega o prezado título francés a Roger, que continúa sen poder completar a súa colección. Malia a ameaza do mozo español, tras esa derrota Federer encadea unha abraiante serie de 35 partidos gañados de xeito consecutivo e mantén o número un sen maiores complicacións. Defende con éxito os seus galardóns de [[Campionato de Wimbledon|Wimbledon]] e do [[US Open]] e rexistra un novo récord histórico ao gañar catro Masters 1.000 nun ano (Indian Wells, Miami, Hamburgo e Cincinnati). Completa o palmarés cos torneos menores de [[Doha]], [[Rotterdam]], [[Dubai]], [[Halle (Westfalia)|Halle]] e [[Bangkok]], que elevan a once o número de torneos gañados en 2005.
 
Xa no último tramo do ano, e sen maiores presións cás de defender puntos insubstanciais para a clasificación, Federer sofre unha lesión no seu nocello dereito que o aparta durante un tempo das pistas, poñendo en dúbida a súa participación na Tennis Masters Cup a disputar en [[Shanghai]]. Finalmente Federer decide competir no torneo que pecha a tempada pese a estar lonxe da súa condición óptima. Porén, derrota ao croata [[Iván Ljubicic]] e aos arxentinos [[Guillermo Coria]] e [[David Nalbandián]], para adxudicarse o seu grupo invicto. En semifinais imponse ao tamén arxentino [[Gastón Gaudio]]. Na final repite enfrontamento ante [[David Nalbandián]]. Desta volta, e logo de catro horas e media de partido, a vitoria correspóndelle ao tenista arxentino, que obtén a copa no tie-break do quinto set. Esta derrota acaba coa marca de 24 finais gañadas ininterrompidamente polo suízo. Federer remata o ano mantendo o número 1 e mellorando a puntuación obtida en 2004 (terminou con 1.345 puntos). A pesar de irromper no circuíto xoves tenistas de gran proxección, semella que a medio prazo o suízo vai seguir dominando a escena mundial.