Georgii Brianchaninov: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Tracxectoria: Arranxos varios
Sen resumo de edición
Liña 15:
Naceu nunha familia [[Igrexa ortodoxa|ortodoxa]], e foi bautizado co nome de '''Gleb'''. Emigrou xunto aos seus pais á [[República da China (1912-1949)|China]], onde en [[1937]] graduouse pola escola de San Nicolao de [[Harbin]]. Pouco despois entrou na [[Igrexa católica]], e o [[4 de decembro]] de [[1938]] ingresou na [[Congregación dos Padres Marianos]], tomando o nome monástico de "Georgii". A partir de maio de [[1939]] estudou en [[Roma]], en [[1944]] foi [[ordenado sacerdote]] polo bispo [[Aleksandr Evreinov]], e en [[1947]] doutorouse cunha tese sobre san [[Xoán Crisóstomo]]. O xeneral da súa orde [[Petras Pranciškus Būčys]] encargoulle entón traballar a prol dos cativos rusos en campos de refuxiados en [[Europa occidental]], e até [[1950]] traballou no Comité Ruso para os Refuxiados da [[Santa Sé]], trasladándose a [[Londres]] en [[1956]].
 
En [[1957]] trasladouse a [[Australia]] para colaborar con [[Andrei Katkov]], compañeiro seu de estudos e de orde relixiosa. Xuntos fundaron o Centro Misioneiro para Católicos Orientais de [[Melbourne]], atendendo aos católicos rusos que chegaban ao país.<ref>{{cita web |cita=Two Marians currently live and work in Australia, under the direction of the Marians' Superior General. Fr George Brianchaninoff, MIC, used to work with Eastern-Rite Catholics, but is now retired. |url=https://cathnews.com/cathnews/17998-marian-fathers-mic |lingua=inglés |editor=[[Conferencia dos Bispos Católicos Australianos]] |páxina-web=CathNews (catnews.com) |título=Marian Fathers MIC |data=6 de xuño de 2014 |dataacceso=30/10/2020}}</ref> A comezos da década de 1990, xa con cidadanía australiana, viaxou varias veces a [[Rusia]], e até finais de [[2007]] viviu no Centro que fundara, e posteriormente nunha residencia sacerdotal en [[Northcote, Victoria|Northcote]] (un suburbio de [[Melbourne]]). Alí finou o [[5 de abril]] de [[2018]].
== Notas ==
{{Listaref|30em}}
 
{{Control de autoridades}}