Philosophiæ Naturalis Principia Mathematica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Petillés (conversa | contribucións)
m Petillés moveu a páxina "Philosophiae Naturalis Principia Mathematica" a "Philosophiæ Naturalis Principia Mathematica" sobre unha redirección: Ortografía
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{Sen notas}}
{{Título en cursiva}}
 
[[Ficheiro:Newton-Principia-Mathematica 1-500x700.jpg|miniatura|dereita|Portada da ''Philosophiae Naturalis Principia Mathematica''.]]
 
En [[1687]], e por petición do seu amigo [[Edmond Halley]], [[Isaac Newton]] publicou os seus descubrimentos na [[mecánica]] e no [[cálculo]] matemático en conxunto nunha obra que titulou "'''''Philosophiæ Naturalis Principia Mathematica'''''" ([[Latín]]; en [[lingua galega|galego]]: Principios matemáticos da [[Filosofía natural]]). Esta obra marcou un punto de inflexión na historia da [[ciencia]] e é considerada, por moitos, como a obra científica máis importante xamais publicada.
'''''Philosophiæ Naturalis Principia Mathematica''''' (en [[latín]] "Principios matemáticos da [[filosofía natural]]") é unha obra científica de [[Isaac Newton]], na que describe os seus descubrimentos na [[mecánica]] e no [[cálculo]] matemático. Foi publicada en [[1687]] a petición do seu amigo [[Edmond Halley]], e a obra marcou un punto de inflexión na historia da [[ciencia]], pois está considerada como unha das obra científica máis importantes xamais publicadas.
 
A súa publicación demorouse moito polo temor de Newton a que outros tentasen apropiarse dos seus descubrimentos. Porén [[Edmond Halley]] premeu a Newton ata a súa publicación, cousa que Newton lle agradece nas primeiras páxinas do libro. Os tres 'libros' (partes) desta obra conteñen os fundamentos da [[física]] e a [[astronomía]] escritos na linguaxe da [[xeometría]] pura. O Libro I contén o método das "primeiras e últimas razóns" e, baixo o xeito de notas ou ''escolios'', atópase como anexo do Libro III a [[teoría das fluxións]]. Esta obra monumental aportoulle un gran renome a Newton, pero resulta un traballo difícil de ler na actualidade dado a linguaxe e ton utilizados. Así, por exemplo, a notación usada hoxe no cálculo diferencial é a debida a [[Leibniz]] (quen parece que traballou no mesmo tema de xeito coetáneo, ver máis abaixo), máis intuitiva e que facilita os cálculos, e non a de Newton, máis engorrosa.