Fernando de Magalhães: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Traxectoria: arranxiño
Liña 18:
Fernando de Magalhãe pertence a unha das ramas da antiga liñaxe dos Magalhães, unha familia nobre do [[Rexión Norte, Portugal|norte de Portugal]] cuxa orixe remóntase a finais do [[século XIII]]<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Castro|2007|p=37}}.</ref>. Aos historiadores cústalles situalo na árbore xenealóxica e ignoran todo sobre a súa mocidade: algúns rastros sospeitosos parecen indicar que os seus pais, Rui de Magalhães, alcaide maior (gobernador) de [[Aveiro]], e Alda de Mesquita, pertencen á nobreza. Desde unha idade temperá, o seu pai podería levalo de [[Paxe (mozo)|paxe]] á corte da raíña [[Leonor de Viseu]] onde probablemente aprendeu navegación e astronomía, ensinado en particular por [[Martin Behaim]]<ref name="Universalis"/>.
 
A primeira mención historicamente certa é un documento de arquivo, que o designa como auxiliar e pensionista da casa do rei na frota de [[Francisco de Almeida]], nomeado [[vicerrei]] das [[Indias Orientais]] portuguesas. Foi a bordo desta armada de vinte barcos que partiopartiu de Lisboa o 25 de marzo [[1505]].<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Castro|2007|p=42}}</ref>{{,}}<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Zweig|2010|p=44}}.</ref>. Aínda que o seu nome non apareza nas crónicas, sábese que permaneceu alí oito anos e que estivo en [[Goa]], [[Cochín]] e [[Kilwa Kisiwani]]. Participou en varias accións militares, incluíndo a batalla naval de [[Cananor]] ([[Kerala]]) onde foi ferido, e na decisiva [[batalla de Diu]]. En [[1509]] partiu na primeira expedición a [[Malaca]] mandada por [[Diogo Lopes de Sequeira]], xunto con [[Francisco Serrão]], o seu amigo e posiblemente primo.<ref>William J. Bernstein (2008), "A Splendid Exchange: How Trade Shaped the World", pp. 183-5. Nueva York: Atlantic Monthly Press. ISBN 978-0-87113-979-5.</ref> Chegados a Malaca en setembro, foron vítimas dunha conspiración e a expedición terminou dandose á fuga deixando atrás dezanove prisioneiros. Magalhães tivo un papel crucial avisando a Sequeira e salvando a Serrão que desembarcara, actos que lle valeron honras e unha promoción.<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Castro|2007|p=43}},</ref> Durante uns meses dedicase o comercio da [[pementa]], antes de participar na captura de [[Malaca (cidade)|Malaca]] no verán [[1511]] baixo o mando do novo gobernador [[Afonso de Albuquerque]] e xunto o seu amigo Serrão<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Zweig|2010|p=54-55}}.</ref>. Despois da conquista da cidade, os camiños dos amigos separáronse: Magallanes, promovido, cun rico botín e en compañía dun escravo adquirido en [[Sumatra]], [[Henrique de Malaca]], regresou a Europa. Serrão partiu na primeira expedición enviada ás «illas da especiaría», as [[Molucas]] onde se estableceu despois de gañar os favores do rei local.<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Castro|2007|p=45}}.</ref>. Alí permaneceu e casou cunha muller da illa de [[Ambón]], volvéndose conselleiro militar do [[Sultanato de Ternate|sultán de Ternate]]. Antes de saír de Malaca o 11 de xaneiro [[1513]] para volver á Portugal, Magalhães recibirá por correo as novas do seu amigo Francisco Serrão. As súas cartas a Magalhães serían decisivas, pois delas obtivo informacións sobre a situación dos lugares produtores de [[especia]]s.
 
No verán de [[1513]], Magalhães foi enviado a [[Marrocos]] como parte dun poderoso exército que debía capturar [[Azamor]]<ref>{{harvsp|Castro|2007|p=49-50}}.</ref>. Durante os [[Batalla de Azamor|enfrontamentos]], segundo os informes, resultou ferido nun xeonllo, feito que o deixou un pouco coxo durante o resto da súa vida.<ref>João de Barros, ''Décadas da Asia'', 1563, III, v, 8.</ref> Despois de marchar sen permiso, é acusado de comercio ilegal cos [[mouros]].<ref>{{harvsp|Zweig|2010|p=62-63}}.</ref> Estes cargos son rapidamente retirados, pero Magalhães é entón un soldado que non goza dos mellores vínculos co seu soberano, o rei [[Manuel I de Portugal|Manuel]], que se nega a aumentar a súa pensión só en 1/2 [[Cruzado portugués|cruzado]] ao mes. Magalhães ten un proxecto secreto para chegar ás illas das especias desde o oeste do que se coida de non falar co seu soberano (xa que realizaba a través dos comerciantes malaios o tráfico de [[cravo]] desde as Molucas e de [[noz moscada]] desde [[Illas Banda|Banda]]). Finalmente, simplemente pídelle ao seu rei que o libere das súas obrigacións. Infeliz de non ver recoñecidos os seus méritos en Portugal, Magalhães permanece un ano máis en Lisboa, coñecendo un dos mais ilustres sábios do seu tempo, o matemático e cartógrafo, [[Rui Faleiro]] con quen acaba de madurar o seu proxecto e co que se desprazara a [[Sevilla]] encontrando no reitor da ''Casa de la Contratación'' daquela cidade un adepto do seu proxecto,<ref>{{Cita libro |lingua=fr |autor=Stefan Zweig |ligazón-autor=Stefan Zweig |título=Les grandes vies |editor=Grasset |lugar=París |ano=2009 |páxinas=1092 , 1093 |isbn=978-2-246-42521-2}}.</ref> entón decide ir ofrecer os seus servizos ao [[Reis de España|rei de España]]<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Castro|2007|p=54}}.</ref>{{,}}<ref group= "nota">Unha pasaxe do historiador Damião de Góis, extraída da súa "Crónica do rei D. Manuel" publicada en 1567, di que Magalhães « rompeu os lazos co seu país de orixe - do cal non derivou "instrumentos" públicos. Herrera retomao en 1601 afirmando que o navegante "decidiu" desnaturalizarse "[...] despois de asinalo ante notario », entrando ao servizo de España en outubro de 1517. Este non é o caso, aínda que só sexa porque este procedemento de "desnaturalización" non existise legalmente: de feito se podería "desnaturalizar" a si mesmo "naturalizándose" noutro lugar, senón a "desnaturalización" voluntaria non existía. Pode que a "acta notarial" suxerida por Damião de Góis sexa de feito unha especie de copia do cronista (de Castro, ''Le Voyage de Magellan'', 2010, p. 323-324). Engadimos que o cambio na ortografía do nome, ''Magalhães'' en ''Magallanes'', era unha práctica habitual cada vez que algún súbdito dun rei ofrecía os seus servizos a outro rei. Non faltan exemplos entre os navegadores (John Cabot, Juan de Solis, etc.). </ref>, o futuro [[Carlos V, Sacro Emperador Romano-Xermánico|Carlos V]], que neste momento tan só ten 18 anos. O que estaba en xogo non era o descubrimento das illas Molucas, xa coñecidas e colonizadas polos portugueses,<ref group= "nota">O historiador [[Jean Favier]] escribe que Magalhães {{Cita|non significa saír ao descoñecido, senón ir por un camiño descoñecido.}} (''Les Grandes découvertes : d'Alexandre à Magellan'' [1991], Librairie Arthème Fayard/Plurier, 2010, p. 554).</ref>, se non que a súa posesión por razón da súa suposta posición no medio do hemisferio definido polo [[Tratado de Tordesillas]], e reservado aos españois. [[Pedro Reinel]] e [[Jorge Reinel]], cartógrafos portugueses que se uniran a Magalhães, en 1519 debuxarían un espléndido mapa do mundo colocando as Molucas, por instrucións do navegante, ao oeste do Pacífico, pero claramente no dominio do rei de España (este mapa, cuxo [[facsímile]] está gardado na [[Bibliothèque nationale de France|Biblioteca nacional de Francia]].<ref name="BnF Carte du monde">{{Cita web | lingua = fr | título = Jorge Reinel (?) 1519, fac-similé de 1843 | ano = 1519 | url = http://expositions.bnf.fr/marine/grand/por_011.htm | data-acceso = 13 abril 2020}}.</ref> reprodúcese abaixo no parágrafo ''[[#Cruzando o Pacífico e morte de Magalhães 1520-1521|Cruzando o Pacífico e morte de Magalhães 1520-1521]]''.)