Bosnia e Hercegovina: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 92:
[[Ficheiro:BH municipality location 2.svg|miniatura|200px|Mapa coas entidades e os municipios.]]
{{VT|Presidencia de Bosnia e Hercegovina}}
Bosnia e Hercegovina ten varios niveis de estruturación política baixo o nivel de goberno federal. A división de máis importancia é a división entre a [[República Serbia]] e a [[Federación de Bosnia e Hercegovina]]. A Federación de Bosnia e Hercegovina abarca o 51% da superficie total, mentres que a República Serbia cobre ao redor do 49%. As entidades, baseadas principalmente nos territorios ocupados polas dúas partes belixerantes no momento, estabelecéronse formalmente a partir do [[Acordo de Dayton|acordo de paz de Dayton]] en [[1995]] debido aos tremendos cambios na estrutura étnica de Bosnia e Hercegovina, con todo, dende [[1996]] o poder das entidades en relación ao goberno federal diminuíu considerablemente, aínda que seguen mantendo numerosas competencias. O distrito de Brčko ao norte do país foi creado no ano [[2000]], nun territorio pertencente ás dúas entidades. Oficialmente, pertence a ambas, mais non se rexe por ningunha delas, funcionando baixo un sistema descentralizado de goberno local. O distrito de Brčko foi eloxiado polo mantemento dunha poboación multiétnica e un nivel de prosperidade moi por encima da media nacional.<ref name="OHR">OHR Bulletin 66 (3 Februaryde febreiro de 1998). [http://www.ohr.int/ohr-dept/presso/chronology/bulletins/default.asp?content_id=4991#8 - Final hearing of the Arbitration Tribunal in Vienna] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20150605052623/http://www.ohr.int/ohr-dept/presso/chronology/bulletins/default.asp?content_id=4991#8 |date=05 de xuño de 2015 }}. OHR.</ref>
 
O seguinte nivel de subdivisión política de Bosnia e Hercegovina son os cantóns, aínda que só se atopan na Federación de Bosnia e Hercegovina, sendo en total dez deles. Tódolos teñen o seu propio goberno cantonal, que está baixo a lei da Federación no seu conxunto. Algúns cantóns son étnicamente mixtos e teñen leis especiais aplicadas para garantir a igualdade de tódolos pobos que a compoñen.
Liña 196:
{{Bar percent|outros|gray|2.3}}}}
[[Ficheiro:Bosnia Herzegovina Ethnic 2013.png|dereita|miniatura|295px|Composición étnica de Bosnia e Hercegovina no ano [[2013]].]]
Bosnia é o fogar de tres etnias ou "pobos constituíntes", os [[Pobo bosníaco|bosníacos]], os [[Pobo serbio|serbios]] e os [[Pobo croata|croatas]]. As tensións entre os tres pobos seguen a ser elevados e con frecuencia causa de desacordos políticos. Con todo, un estudo de [[haplogrupos do cromosoma Y]] publicado en [[2005]] atopou que "os tres grupos principais de Bosnia e Hercegovina, a pesar dalgunhas diferenzas cuantitativas, comparten unha gran parte do mesmo acervo xenético distintivo da área dos Balcáns".<ref>{{Cita web |url=http://www.blackwell-synergy.com/doi/abs/10.1111/j.1529-8817.2005.00190.x |título=The peopling of modern Bosnia-Herzegovina: Y-chromosome haplogroups in the three main ethnic groups |data-acceso=16 de novembernovembro de 2009 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20191017183032/http://www.blackwell-synergy.com/doi/abs/10.1111/j.1529-8817.2005.00190.x |dataarquivo=17 de outubro de 2019 |urlmorta=yes }}</ref>
 
Os continuos desprazamentos de poboacións durante as [[guerras dos Balcáns]] na década de [[1990]] provocaron drásticos cambios na distribución da poboación. O último dato oficial data do censo iugoslavo de [[1991]], dende aquela desacordos políticos fixeron imposible a organización dun, con todo está planeada a realización dun novo censo en [[2011]]. Así pois case a totalidade dos datos demográficos de despois da guerra son estimacións, porén a maioría das fontes estiman que a poboación ten diminuído en 350.000 habitantes dende ese ano. Segundo o último censo a poboación de Bosnia e Hercegovina era de 4&nbsp;354&nbsp;911, etnicamente dividida en: