Fernando de Magalhães: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 139:
[[Ficheiro:Magellan_mactan.jpg|miniatura|Monumento a Magalhães en Mactan]]
[[Ficheiro:Detail from a map of Ortelius - Magellan's ship Victoria.png|miniatura|O [[Victoria (nao)|Victoria]] nun mapa de [[Abraham Ortelius|Ortelius]] de finais do século XVI]]
[[Lapu-Lapu]], o rei da pequena illa de [[Mactan]], fronte a de Cebú, négase a someterse aos invasores. Magalhães lidera unha expedición contra el, estimando que sesenta homes armados con [[arcabuz|arcabuces]] poden derrotar aos nativos espidos aínda que trinta veces máis numerosos. Pero o [[batalla de Mactan|ataque a Mactan]] o 27 de abril de 1521 fracasou: a pesar das súas armas de fogo, os españois foron rexeitados polos aldeáns e tiveron varias baixas nas súas filas unha delas a do propio Magalhães que tamén morreu. Segundo os informes do seu cronista Pigafetta , foi xunto a outros seis compañeiros un dos últimos en caer mentres permanecía de pé na auga para cubrir a retirada dos seus. Unha frecha envelenada feriuno atravesandole a coxa; pouco despois foi abatido por dúas lanzas, unha feríndolle na cara e a outra debaixo do brazo dereito.{{sfn|Castro|2007|p=164-167}}{{,}}<ref group= "nota">[[Stefan Zweig]] escribe: {{cita|así pereceu, nunha estúpida liorta cunha horda de salvaxes, o maior navegante de todos os tempos.}} {{sfn|Zweig|2010|p=230}}.</ref>. A crónica de Antonio Pigafetta ofrece detalles esenciais sobre este episodio: os guerreiros de Lapu-Lapu fixeran [[escudo]]s de [[madeira]] extremadamente dura, resistentes aos arquebuces, ao tempo que se armaban de frechas envelenadas cuxo veleno tiña un efecto case inmediato.

==== Masacre do 1 de maio ====
Catro días despois da derrota en Mactan o 1 de maio, o rei de Cebú emboscou aos recentemente chegados nunha cea durante a que di querer dar aos oficiais da frota "xoias e agasallos que prometera enviar ao rei de España", en palabras de Pigafetta<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|ref=harv|Xavier de Castro (eds.)|2007|p = 170}}</ref> era simplemente que o rei de Cebú queria devolver o favor aos señores veciños que querían desfacerse dos europeos. Segundo [[Pietro Martire d'Anghiera]] a orixe desta vinganza está relacionada coa [[violación]] de mulleres.{{sfn|Xavier de Castro (eds.)|2007|p = 409-410}} Os que quedaron a bordo dos barcos fondeados fuxiron. Segundo a testemuña presencial de Antonio Pigafetta, cronista da viaxe de Magalhães, foi Henrique, o servo de Magalhães, natural das illas de fala portuguesa, o que se uniu ao rei de Cebú, Humabon. De feito, no seu testamento, Magalhães estipulara que á súa morte, o seu fiel servo debería ser posto en liberdade. Pero o xenro de Magalhães, [[Duarte Barbosa]], rexeitou a disposición testamentaria cara a Henrique e pediulle que seguise a bordo. Henrique sublevouse contra este sistema de detención inxusto e ilegal e uniuse a Humabon. O rei de Cebú, informado da debilidade dos europeos que quedaran sen líder tras a morte de Magalhães, considera o momento oportuno para desfacerse deles polo que atraeu aos europeos a unha trampa na que 35 deles morreron. O resto deles escaparon por pouco, pero eran tan poucos que tiveron que afundir o Concepción e distribuír aos sobreviventes no Trinidad e no Victoria. O temoneiro João Lopes Carvalho foi elixido como novo capitán xeral e capitán do Trinidad e Gonzalo Gómez de Espinosa, asumiu inicialmente o mando do Victoria.
 
==Notas==