Premio Ada Byron do CPEIG: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
CoroRP (conversa | contribucións)
Nova páxina: "'''O Premio Ada Byron do CPEIG''' é un galardón que outorga anualmente o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (Cpeig) coa finalidade de dar visibili..."
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 19 de outubro de 2020 ás 17:10

O Premio Ada Byron do CPEIG é un galardón que outorga anualmente o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (Cpeig) coa finalidade de dar visibilidade á participación feminina en todos os niveis da tecnoloxía: como usuarias, como emprendedoras, como xeradoras de innovación, investigadoras e líderes do sector das novas tecnoloxías.[1]Os premios entréganse durante a celebración dunha cea gala, a Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia.

Edicións

A Noite é unha gala onde o CPEIG pretende mostrar á sociedade o traballo desenvolto por enxeñeiros e enxeñeiras en informática dentro da sociedade da información e as iniciativas relacionadas co ámbito das TIC. Desde 2019 son dez as distincións anuais que se entregan na “Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia”, premios que corresponden a diversas categorías onde os colexiados e colexiadas recoñecen as iniciativas ou persoas destacadas no ámbito da enxeñaría en informática: Colexiado de Honra, PFC, Traxectoria Profesional, Ada Byron, Iniciativa Empresarial, Iniciativa Emprendedora, Iniciativa da Administración, e-Inclusión,Premio Iniciativa Tecnolóxica no Ensino, Premio Especial A Noite[2][3]

Estos son os distintos premios Ada Byron concedidos:[3]

IV Noite (2012). Luz Castro Pena

V Noite (2013). Susana Ladra

VI Noite (2014). Bertha Guijarro Berdiñas[4]

VII Noite 2015. Eva Dafonte Pérez [5]

VIII Noite 2016. Nieves Rodríguez Brisaboa

IX Noite 2017. María José Talavera

X Noite 2018. Miriam Pena Villanueva

XI Noite 2019. Mónica Fernández Bugallo, por su importante labor en los ámbitos divulgativo e investigador, su relevante trayectoria internacional, su compromiso con el fomento de vocaciones tecnológicas (poniendo el foco en el potencial de las chicas) y el destacado trabajo como directora del programa Mujeres en la Ciencia y en la Ingeniería. [6]

XII Noite 2020. Sabela Ramos Garea[7]

Notas

  1. "A enxeñeira Mónica Fernández Bugallo recibe o Premio Ada Byron do CPEIG , colexio profesional de enxeñaría en informática de galicia". www.cpeig.gal. Consultado o 2020-10-19. 
  2. "A Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia entregou os seus premios en Compostela". Compostela 24 Horas (en castelán). Consultado o 2020-10-19. 
  3. 3,0 3,1 "Premios A Noite, colexio profesional de enxeñaría en informática de galicia". www.cpeig.gal. Consultado o 2020-10-19. 
  4. "Bertha Guijarro, premio Ada Byron do CPEIG". www.farodevigo.es. Consultado o 2020-10-19. 
  5. "La ourensana Eva Dafonte, premio anual del Colegio de Informáticos". La Región (en castelán). 2015-04-24. Consultado o 2020-10-19. 
  6. "El Premio Ada Byron que concede el CPEIG irá a dar a la ingeniera gallega Mónica Fernández Bugallo , Faite dixital". faitedixital.xunta.gal. Consultado o 2020-10-19. 
  7. "La padronesa que fichó Google Research recibe el Premio Ada Byron". La Voz de Galicia (en castelán). 2020-10-14. Consultado o 2020-10-19.