Miriam Pena Villanueva
Miriam Pena Villanueva, nada en Bueu (Pontevedra), é unha enxeñeira informática. A finais do 2017 foi elixida como unha das enxeñeiras máis inspiradoras do 2018.[1]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | Bueu |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Lingua | Lingua castelá |
Traxectoria
editarInteresouse polos computadores dende moi nova, na casa do seu tío había un ordenador e sempre estaba alí xogando co famoso Paint. Estudou Enxeñaría en Informática na Universidade da Coruña.[2] Viviu en 5 países: Exipto, España, Estados Unidos de América, Suecia e Irlanda. En todos estes países traballou como consultora especializada en Erlang.[3] É unha especialista nesa linguaxe, que manexa hoxe o 90% dos datos en Internet.
"Cando teñas unha peza de traballo feito faina visible. Fai ruído. Twitea, escribe blog posts, publica, fala en congresos. Non sintas que o teu traballo ten pouco valor e que non tes nada que compartir nin teñas medo as críticas. Publicar virache xenial porque te axudará a conectar con outra xente que fai o mesmo que ti e compartir as túas ideas, aprender deles e abrirate oportunidades profesionais." [4]
Miriam é a organizadora do Meetup Erlang & Elixir en San Francisco e forma parte do comité organizador das conferencias Code Beam SF e Code Beam Stockholm.[5]
Tamén é fundadora e membro do consello de administración de The Erlang Ecosystem Foundation.
Premios e recoñecementos
editar- Mencionada na lista das 12 mulleres máis inspiradoras do 2018.[6]
- Premio Ada Byron polo Colegio de Enxeñería Informática de Galiza.[7]
- Forma parte das protagonistas do cuarto volume de Cuentos de buenas noches para nuestras niñas rebeldes[8]
Notas
editar- ↑ Cano, Rosa Jiménez (2018-02-22). "Míriam Pena, una programadora en la cima de Silicon Valley". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2021-02-20.
- ↑ "Miriam Pena, entre las 12 ingenieras más importantes del mundo: «Tengo el corazón partido entre Galicia y Silicon Valley»". La Voz de Galicia (en castelán). 2020-11-21. Consultado o 2021-02-20.
- ↑ Neira, Carolina (2017-12-16). "Miriam Pena: "Galicia es una cantera de ingenieros informáticos"". Diario de Pontevedra (en castelán). Consultado o 2021-02-20.
- ↑ "Ell@s - Miriam Pena Villanueva". sites.google.com. Consultado o 2020-12-03.
- ↑ "Miriam Pena". Code Sync (en inglés). Consultado o 2021-02-20.
- ↑ Chang, Angie (2017-12-14). "12 Inspiring Female Staff Engineers to Watch in 2018". Medium (en inglés). Consultado o 2021-02-20.
- ↑ "A enxeñeira Miriam Pena foi galardoada co premio Ada Byron informática". www.elcorreogallego.es (en castelán). Consultado o 2021-02-20.
- ↑ "Buenense, ingeniera en Silicon Valley y «niña rebelde»". La Voz de Galicia (en castelán). 2021-08-22. Consultado o 2021-09-02.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Cuentos de buenas noches para nuestras niñas rebeldes. Editorial Destino, 2021. ISBN: 9788408241676
Ligazóns externas
editar- Biografía de Miriam Pena no proxecto 365 días-365 mulleres da Deputación de Pontevedra (15 de xuño)