Xesús Alonso Montero: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Ogaiago (conversa | contribucións)
Liña 9:
== Traxectoria ==
[[Ficheiro:Casa avós Xesús Alonso Montero, Ventosela, Ribadavia.JPG|miniatura|esquerda|Casa dos avós en Ventosela, Ribadavia.]]
Nado en Vigo, onde os seus pais Benito Alonso e Angelina Montero rexentaban unha taberna na rúa Urzáiz. A familia trasladouse en 1938 a [[Ventosela, Ribadavia|Ventosela]] ([[Ribadavia]]), a terra dos avós (e do seu sobriño [[Manuel Rodríguez Alonso]]), onde pasou a súa infancia e adolescencia. Estudou o bacharelato en Ribadavia con [[Bernardino Graña]] e rematouno en Vigo no [[Instituto Santa Irene]] en 1948. Licenciouse en Filosofía e Letras na [[Universidade de Madrid]]. Foi profesor de Lingua e Literatura Española dende 1956, exerceu na [[Escola Normal de Santiago de Compostela]] e nos institutos de [[Palencia]] (1959-1960) e [[IES Lucus Augusti|Lugo]] (1960-1976). En [[1966]] doutorouse na [[Universidade de Salamanca]] cunha tese sobre [[Manuel Curros Enríquez]]. En 1976 é profesor titular de Literatura Española no Colexio Universitario de Vigo, despois pasou a ser profesor titular de Literatura Galega e foi catedrático de Literatura Galega da [[Universidade de Santiago de Compostela]]. Pola súa idade, pertence á xeración de escritores que comezaron o seu labor cultural após a [[guerra civil española]]. É militante do [[PCE|Partido Comunista]] desde [[1962]], represaliado en varias ocasións. Encabezou a candidatura do [[PCG]] pola [[provincia de Lugo]] nas [[Eleccións Xerais 1977 en España|primeiras eleccións democráticas]]. Foi catedrático de Lingua e Literatura Españolas de Escolas de Maxisterio, exercendo en [[Palencia]], [[Lugo]] e [[Madrid]].
[[Ficheiro:Freixanesalonso.jpg|miniatura|[[Xaime Toxo]], [[Francisco Castro Veloso|Francisco Castro]], [[Víctor Freixanes|Freixanes]], [[Fina Casalderrey]] e Xesús Alonso Montero, na presentación da reedición de ''Unha ducia de galegos'', en Pontevedra o 8/10/2017]]
Destacou no campo da [[sociolingüística]] con libros como ''O porvir da lingua galega'' (1968), ''O que cómpre saber da lingua galega'' (1969) ou o polémico e contestado ''Informe -dramático- sobre la lengua gallega'' (1973), onde retoma as súas teses apocalípticas sobre o idioma galego sinalando mesmo unha data para a súa morte. Realizou e publicou estudos sobre escritores galegos como [[Rosalía de Castro]] (''Páxinas sobre Rosalía de Castro'', 1954-2004), [[Manuel Curros Enríquez]] (''Curros Enríquez no Franquismo'', 1936-1971), [[Manuel Leiras Pulpeiro]], [[Luís Pimentel]] (''Luís Pimentel: biografía da súa poesía''), [[Celso Emilio Ferreiro]] (''Celso Emilio Ferreiro''), [[Luís Seoane]] (''As palabras no exilio. Biografía intelectual de Luís Seoane''), [[Mendiño]], [[Xosé Neira Vilas]], [[Lorenzo Varela]], [[Vicente Risco]], [[Ramón Cabanillas]] ou [[Álvaro Cunqueiro]].
Liña 15:
Fixo tamén achegas noutros ámbitos da literatura galega como a poesía popular e os poetas [[alófono]]s en galego, e ten realizado estudos sobre autores da [[literatura española]] como [[Antonio Machado]], [[Federico García Lorca]], [[Miguel de Unamuno]] ou [[Ramón María del Valle-Inclán]]. Alén disto, son destacábeis as súas colaboracións na prensa galega, recollidas en parte na obra ''Beatus qui legit: artigos periodísticos (1998-1999)''. Salienta tamén o seu papel como conferenciante, sobre todo en España e en América. Tamén ten libros de poemas: ''Versos satíricos ó xeito medieval'' ou ''Versos republicanos''. Así mesmo, realizou compilacións poéticas de homenaxe a autores galegos: ''Coroa poética para Castelao'' (1988), ''Coroa poética para un mártir'' (1996), ''Coroa literaria para Roberto Blanco Torres contra a súa morte'' (1999) e ''47 poetas de hoxe cantan a Curros Enríquez'' (2001).
 
Recibiu varios galardóns entre os que destacan o [[premio Galicia de Xornalismo]] (anos 1986 e 1990), o [[premio Nacional de Xornalismo Julio Camba]] (1988), o [[premio Otero Pedrayo]] (1989), o [[Premio Trasalba]] en [[2000]], o [[Premio Losada Diéguez|premio Losada Diéguez de investigación]] no [[2012]] e o [[Premios daPremio Cultura Galega|Premio dadas Cultura GalegaLetras]] no 2019.<ref>{{Cita web|url=https://www.elcorreogallego.es/tendencias/ecg/xesus-alonso-montero-amancio-prada-restauracion-portico-premios-da-cultura-galega-2019/idEdicion-2019-11-27/idNoticia-1215994/|páxina-web=www.elcorreogallego.es|data-acceso=2019-11-27|título=Xesús Alonso Montero, Amancio Prada o la restauración del Pórtico, entre los Premios da Cultura Galega 2019}}</ref>
 
Ingresou na [[Real Academia Galega]] o [[30 de outubro]] de [[1993]] a proposta de [[Xosé Filgueira Valverde]], [[Carlos Casares]] e [[Ramón Piñeiro]]. O seu discurso de ingreso titulouno ''"Manifestos" en verso en favor da poesía civil nos primeiros tempos da Posguerra na Galicia da Terra e na Galicia Emigrante (1939-1962)''.<ref>[http://www.realacademiagalega.org/documents/10157/c16fbde1-e745-46e5-a7c5-60a458bb70f2 "Manifestos" en verso en favor da poesía civil nos primeiros tempos da Posguerra na Galicia da Terra e na Galicia Emigrante (1939-1962)] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20140222203805/http://www.realacademiagalega.org/documents/10157/c16fbde1-e745-46e5-a7c5-60a458bb70f2 |date=22 de febreiro de 2014 }}, contestado por [[Xosé Filgueira Valverde]].</ref> O [[20 de abril]] de [[2013]] foi elixido presidente da [[Real Academia Galega]], cargo que ocupou ata o 29 de abril de 2017.<ref name="RAG"/><ref name="Praza"/>