Muiñeira de Chantada: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Cossue (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 2:
 
==Historia==
A [[muiñeira]] foi composta en [[1865]] polos irmáns Manuel e Antonio Fernández, da Banda do Ferraias. Foi estreada nas festas da parroquia de [[Veiga, Chantada|Veiga]] ([[Chantada]]), e Vitoriano Fernández García, fillo de Manuel, adaptouna a [[partitura]].
 
A peza foi popularizada polos [[Os Gaiteiros de Soutelo|Gaiteiros de Soutelo]], os irmáns Cachafeiro, que en 1928 fixeron a primeira gravación da peza. En 1978 foi gravada de novo polo grupo [[Son Lalín]], creado para o selo Xeira polo produtor coruñés [[Gustavo Ramudo]] con músicos de estudio. Fixeron unha versión pop con instrumentación de baixo e batería e con acompañamento electrónico, que tivo sona en discotecas e vendeu máis de cinco millóns de discos.<ref>[http://www.galiciaunica.es/muineira/ "Muiñeira"], en ''Galicia Única'', 9 de novembro de 2010 {{es}}</ref>. Esta versión aparece tamén no capítulo final da serie ''[[Fariña (serie de televisión)|Fariña]]''.
 
A muiñeira foi adaptada, entre outros, por [[Milladoiro (grupo musical)|Milladoiro]], [[Carlos Núñez]] e [[The Chieftains]]<ref>[https://www.youtube.com/watch?v=uJ1ynTMUj0c "Alborada Gallega" e "Muiñeira de Chantada"], Carlos Núñez e The Chieftains.</ref>, [[Susana Seivane]]<ref>[https://www.youtube.com/watch?v=YIaB0-pjC3c "Muiñeira de Chantada"], Susana Seivane.</ref> ou a [[Real Banda de Gaitas]]<ref>[https://www.youtube.com/watch?v=LrTdmNDPA-U "Alborada Gallega" e "Muiñeira de Chantada"], Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense.</ref>.
 
==Notas==
{{listaref|30em}}
 
 
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
* [https://www.youtube.com/watch?v=oWcSTj0_i3o Conto sobre a orixe da Muiñeira de Chantada] popularizada por [[Avelino Cachafeiro]] - Consultado o 05/09/2018
 
 
 
{{control de autoridades}}
 
[[Categoría:Composicións musicais galegas]]