Ferrolterra: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xosé (conversa | contribucións)
m Elimino redirección e comezo redacción do artigo
Etiquetas: Redirección eliminada edición de código 2017
Liña 1:
'''Ferrolterra''' é a denominación que reciben as terras dos 21 concellos máis ao norte da [[provincia da Coruña]]. Os concellos que a forman pertencen a catro das [[Comarcas de Galicia]]: todos os concellos das comarcas de [[Comarca de Ferrol|Ferrol]], [[Comarca de Eume|Eume]] e [[Comarca de Ortegal|Ortegal]], máis o concello de [[Vilarmaior]] da [[comarca de Betanzos]]<ref name="Turgalicia">{{cita web |título=Ferrolterra |url=https://www.turismo.gal/que-visitar/xeodestinos/rias-altas/ferrolterra?langId=gl_ES |editor=[[Turgalicia|Turismo de Galicia]] |dataacceso=1 de outubro de 2020}}</ref><ref>{{cita web |título=Ferrolterra-Rías Altas |url=http://www.turismoferrolterra.es/gl/ |editor=Turismo de Ferrolterra |dataacceso=1 de outubro de 2020}}</ref>. A pesar de non ter recoñecemento oficial, Ferrolterra adoita usarse coma rexión turística, [[Turgalicia|Turismo de Galicia]] defínea coma un ''xeodestino''<ref name="Turgalicia"/>. Noutros ámbitos coma na sanidade, educación, asociacións empresariais etc, úsase coma unidade territorial abranguendo os concellos das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal. Ás veces confúndese Ferrolterra coa [[Comarca de Ferrol]]<ref>{{cita web |título=Ferrolterra |url=http://diclib.com/Ferrolterra/show/es/es_wiki_10/19906#.X3YpMTpR3b0 |editor=DicLib |dataacceso=1 de outubro de 2020}}</ref>.
#REDIRECT [[Comarca de Ferrol]]