Sármatas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Estepa (bioma)
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 15:
 
== Tecnoloxía ==
A tecnoloxía militar do pobo sármata influenciou a tecnoloxía dos seus aliados tanto como a dos seus inimigos. As calidades guerreiras dos sármatas, dos seus devanceiros, os saurómatas, e dos seus descendentes, os [[alanos]], foron a miúdo descritas polos autores antigos. [[Polibio]], [[Diodoro Sículo]], [[Estrabón]], [[Flavio Xosefo]], [[Publio Cornelio Tácito|Tácito]], [[Pausanias (xeógrafo)|Pausanias]] ou [[Dión Casio]] deixaron cadros testemuñais moi vivos destas tribos iranias que tiñan costumes tan exóticos para os [[grecia|gregos]] e os [[Roma Antiga|romanos]]. Moi xerarquizados, os sármatas tiveron varios reis e, polo menos, unha raíña: [[Amaxe (raíña)|Amagê]]. De feito, as mulleres tiñan unha elevada posición social e as guerreiras da fase antiga, que realmente existiron, contribuíron a manter vivo o mito das [[AmazonaAmazonas (mitoloxía)|amazonas]].
 
Inicialmente instalados entre o [[río Don|Don]] e o [[río Ural|Ural]], os primeiros sármatas invadiron os territorios dos escitas. Despois, venceron aos [[partos]] e aos [[Historia de Armenia|armenios]]. Desde o final do [[século -I]], enfrontáronse aos romanos no sur do [[río Danubio|Danubio]]. Durante o [[século II]], logo de varias confrontacións, os romanos recrutaron a varios [[lanza|lanceiros]] sármatas. Máis tarde, crearon unidades de [[catafracto]]s, tomando dos sármatas a [[armadura]] de escamas, a lanza longa (''contus''), a espada con pómulo anular e mesmo a súa insignia: o ''Draco'' (unha especie de pau tubular cuxa embocadura de bronce representa a boca dun dragón).