Clase social: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
MVF (conversa | contribucións)
Tradución de es:Clase social
 
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Quitando espazos entre símbolos = nas cabeceiras
Liña 10:
Un sistema de clases é por tanto, unha xerarquización colectiva, onde o criterio de pertenza vén determinado pola relación do individuo coa actividade económica, e principalmente, o seu lugar respecto dos medios de produción. Esta condición está estreitamente correlacionada coa herdanza familiar.
 
== Clase social en Marx ==
En [[Karl Marx]] as clases sociais aparecen como antagónicas nun contexto histórico de conflito cuxo eixo central é a [[materialismo histórico|materialidade]]. Dese enfrontamento mediado pola historia xurde a [[loita de clases]] que é a manifestación mesma do conflito de intereses da posición dos individuos. Para Marx, na [[sociedade capitalista]] o [[capital]] está repartido de forma desigual entre as dúas grandes clases (proletariado e burguesía), favorecendo a estes últimos baixo un sistema feito á medidad dos seus intereses. Este sistema sería o [[capitalismo]] e o seu apoio teórico, o [[liberalismo]]
Para superar esa explotación, o [[proletariado]] debíase unir superando as súas diferenzas xeográficas e culturais ("''proletariados do mundo, unídevos''" sentenciara na última páxina do [[Manifesto comunista]]) e descubrir a súa [[conciencia de clase]] para así superar a [[alienación]] e superar a loita de clases en dúas etapas:
Liña 20:
Se ben o soño de Marx non se materializou, a súa dialéctica provocou un xiro total na política e a historia moderna. Sen embargo, as transformacións sociais ó iniciar o [[século XX]] levaron a que apareceran novos aportes, entre eles os que foron realizados por Weber.
 
== Clase social en Weber ==
 
[[Max Weber]] contribuíu a atender a complexización social de occidente no [[século XX]] (aparición de capas medias, burocracia, etc) e comprender desde unha lóxica da [[acción social]] e a racionalidade. É un erro ver a Weber coma o verdugo de Marx (como fixo crer a [[funcionalismo|socioloxía funcionalista]] desde [[Talcott Parsons]]) aínda sendo este liberal e próximo ó mundo relixioso. A distancia está máis ben no enfoque máis reducionista de Marx (primacía do factor material-económico para explicar o capitalismo) algo que Weber trata de refutar a través das súas teses sobre o espíritu protestante e a acción social, que é o individualismo en oposición á supremacía do colectivo, o social, de Marx.