Tristan da Cunha: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.2
Vivaelcelta (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 79:
A primeira volta ao arquipélago foi feita pola fragata [[Francia|francesa]] ''L'Heure du Berger'' no 1767. Posteriormente os ingleses exploraron a illa principal e trazaron unha primeira [[cartografía]]. Detectouse a presenza de [[auga]] nunha grande fervenza de Big Watron e nun lago no Norte da illa, e os resultados foron publicados por un [[hidrógrafo]] da [[Royal Navy]] en 1781.
 
O primeiro colono permanente foi Jonathan Lambert, de [[Salem, Massachusetts|Salem]], [[Massachusetts]], que chegou ás illas en [[1810]]. Declarounas propiedade súa e renomeounas Illas do Refresco (Refreshment). A súa soberanía foi curta, pois morreu nun accidente marítimo en [[1812]]. Con todo, a grande riqueza que conseguiu coa venda de aceite de león mariño a navíos de pasaxe está, suponse, aínda agochada nalgún lugar da illa.
 
En [[1815]] os británicos anexaron formalmente as illas, sobre todo como medida para asegurar que os franceses non as puidesen usar como base para unha operación de rescate para liberar [[Napoleón Bonaparte]] da súa prisión en Santa Helena.