Kill Yr Idols: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Beninho (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 13:
| posterior = [[Sonic Death]]
}}
'''''Kill Yr Idols''''' é un EP da banda estadounidense [[Sonic Youth]], orixinalmente editado só en [[Alemaña]]. No ano [[1995]], ''Kill Yr Idols'' foi xuntado á reedición da DGC do álbum de [[1983]] ''[[Confusion Is Sex]]''.
 
A edición orixinal en vinilo realizouse en outubro de [[1983]] polo selo Zensor. Houbo unha reedición en setembro de [[1987]], pero ambalasdúas só se lanzaron en Alemaña. En marzo de [[1995]] a DGC editou o EP en CD en Europa e os [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]].
 
O EP lanzouse medio ano despois do seu álbum ''[[Confusion Is Sex]]'' e contén dous temas deste ("Protect Me You" e "Shaking Hell"), así como unha gravación do primeiro, e tres temas novos gravados ao vivo en dúas pistas en outubro de [[1983]].<ref>{{Cita web|título=Kill Yr Idols|url=http://www.sonicyouth.com/mustang/lp/ep2.html|páxina-web=www.sonicyouth.com|data-acceso=2020-08-28}}</ref>
 
A letra da canción do título fai referencia ao xornalista Tim Sommer, amigo e compañeiro de Thurston Moore na banda [[Even Worse]]. Sommer traballaba en ''[[The Village Voice]]'' co famoso xornalista [[Robert Christgau]], co que tiña unha boa relación, cousa que molestaba a Moore debido a que os primeiros traballos de Sonic Youth recibiran malas críticas por parte de Christgau.<ref>{{Cita web|título=I am the Yr in "Kill Yr idols": How I Inspired Sonic Youth's Iconic Song|url=https://www.insidehook.com/article/music/yr-kill-yr-idols-inspired-sonic-youths-iconic-song|páxina-web=InsideHook|data-acceso=2020-08-28|lingua=en-US|nome=Tim|apelidos=Sommer}}</ref>
 
== Recepción ==
Jason Birchmeier de [[AllMusic]] comentou, "Esas cancións lembran ás de ''Confusion Is Sex'', só que están un pouco máis desenvolvidas, especialmente a canción do título e 'Brother James'. [''Kill Yr Idols''] resulta nun fascinante camiño a través dos primeiros destellos de xenialidade de Sonic Youth".<ref>{{Cita web|título=Kill Yr. Idols - Sonic Youth {{!}} Songs, Reviews, Credits {{!}} AllMusic|url=https://www.allmusic.com/album/kill-yr-idols-mw0000848399|data-acceso=2020-08-28|lingua=en-us}}</ref>
 
== Listaxe de cancións ==