Darwinismo social: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:Charles_Darwin_by_G._Richmond.jpg|miniatura|Charles Darwin, promotor da [[Evolución|teoría da evolución]] e da [[selección natural]].]]
O '''darwinismo social''' é unha [[teoría social]]<ref>Pilar Mendieta (2010), "Entre la Alianza y la Confrontación", páx 245</ref> que defende que a [[Selección natural|teoría da selección natural]] de [[Charles Darwin]] ten aplicacións sociais en comunidades humanas. Está baseado na idea da supervivencia do máis apto<ref>Rafael Huertas García Alejo (1998), "Clasificar y educar: historia natural y social de la deficiencia", páginapáxina 155</ref> concibido como mecanismo de evolución social<ref> A Dictionary of Philosophy.- Pan/Macmillan 1973 (84) </ref> e a crenza de que o concepto darwiniano da [[selección natural]] pode ser empregado para o manexo da [[Sociedade|sociedade humana]], insistindo na [[Competencias básicas|competición]]<ref name="Jacob Darwin_1"> Jacob Darwin Hamblin, "Science in the Early Twentieth Century: An Encyclopedia", pág 270</ref> ([[Etnia|étnica]], [[Nación|nacional]], [[Clase social|de clase]], etc.) por [[Recurso natural|recursos naturais]] ou diversos postos sociais.
 
O [[Charles Darwin|darwinismo]] social está baseado en interpretacións sobre os escritos de Darwin, que foron expostas teoricamente por [[Herbert Spencer]] nun inicio, e posteriormente usadas para fins políticos, tendo numerosos partidarios.<ref> Rick Tilman (2001): Diversos evolucionistas comenzaron a explotar las ideas darwinianas para lograr sus propios fines políticos, en [http://www.americanphilosophy.net/darwinsimpact_intro.htm Darwin’s Impact: Social Evolution in America, 1880–1920"] {{Wayback|url=http://www.americanphilosophy.net/darwinsimpact_intro.htm |date=20101108064709 }} (conclusión)</ref> O darwinismo social gozou dunha grande aceptación en círculos académicos<ref>Blake Truscott, Robert (1998), The Best Review for the PLACE, Program for Licensing Assessments for Colorado Educators, Research & Education Assoc., p. 366</ref> e foi unha grande influencia en países [[Imperialismo|imperialistas]] a finais do [[século XIX]] e na primeira metade do [[século XX]].