Envoltura celular bacteriana: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 20:
 
== Casos especiais ==
As '''[[micobacteria]]s''' teñen unha envoltura celular que non é tipicamente grampositiva nin gramnegativa. A envoltura micobacteriana non presenta a membrana externa característica dos organismos gramnegativos, senón que ten unha parede cunha porcentaxe significativa de ácido [[peptidoglicano]]-[[arabinogalactano]]-[[ácido micólico|micólico]] que constitúe unha barreira externa permeable. Suponse que se forma un compartimento de "pseudoperiplasma" entre a membrana citoplásmica e esta barreira externa, aínda que a natureza deste compartimento non se comprende ben.<ref>IC Sutcliffe, DJ Harrington.Lipoproteins of mycobacterium tuberculosis: an abundant and functionally diverse class of cell envelope components. FEMS Microbiology Reviews 28 (2004) 645-759</ref>
 
Nas '''[[espiroqueta]]s''' o citoplasma, membrana plasmática e parede forman o chamado cilindro protoplásmico. Ademais a bacteria posúe unha membrana externa formada por múltiples capas chamada "envoltura celular" ou "vaíña externa" que rodea completamente o cilindro protoplásmico. Os flaxelos da bacteria están dentro desa envoltura externa e fan que a bacteria se flexione e se mova.