Acuario (recipiente): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breobot (conversa | contribucións)
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Breobot (conversa | contribucións)
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 168:
Desde o punto de vista operacional, un acuario público é similar en moitos aspectos a un zoolóxico ou museo. Un bo acuario terá exposicións especiais para atraer os visitantes, ademais da súa colección permanente. Uns cantos teñen a súa propia versión de "zoo para tocar"; por exemplo, o [[Monterey Bay Aquarium]], en [[Monterey]] ([[California]]), ten un depósito superficial cheo de tipos comúns de raias, e o público pode tocar as súas peles coriáceas cando pasan.
 
Coma os zoos, os acuarios normalmente teñen un corpo especializado de investigadores que estuda os costumes e bioloxía dos seus especimesespécimes. Nos últimos anos, os grandes acuarios estiveron intentando adquirir e criar diversas especies de peixes de océano aberto, e ata cnidarios (medusas), unha tarefa difícil posto que estas criaturas nunca antes atoparon superficies sólidas como as paredes dun depósito, e non adquiriron o instinto para apartarse das paredes en lugar de chocar contra elas.
 
O primeiro acuario público abriu en Regent's Park, Londres, en 1853. Phineas Taylor Barnum seguiuno rapidamente co primeiro acuario americano, aberto en Broadway, [[Nova York]]. A maior parte dos acuarios públicos localízanse preto do océano, para ter un fornecemento constante de auga de mar natural. Un acuario pioneiro de interior foi o Shedd Aquarium de Chicago, que recibía a auga de mar transportada por ferrocarril.