Sistemática: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:Phylogenetics.svg|miniatura|400px|Unha comparación dos conceptos de filoxenética e fenética.]]
A '''sistemática''' é unha área da bioloxía encargada de clasificar ás [[especie]]s a partir da súa historia [[Evolución|evolutiva]] ([[filoxenia]]). Ocúpase da diversidade biolóxica nun plano descritivo e nun interpretativo.<ref>Mayr & Ashlock, 1991.</ref> A unidade fundamental da que parte toda a clasificación é a [[especie]], aquela agrupación de seres na que todos os seus membros son quen de aparearse entre si e producir descendencia viable e [[Fertilidade|fértil]]. Para a designación das especies utilízase a [[nomenclatura binomial]] de Linneo, consta de dúas palabras escritas en minúsculas e cursiva, a primeira delas corresponde sempre ó xénero e comeza con maiúscula e a segunda escrita na súa totalidade en minúscula corresponde á especie. Os nomes de xéneros e especies sempre van nunha tipografía diferente que o resto do texto, normalmente en itálicas para texto tipografiado e subliñados no caso dun texto escrito a man. Os biólogos e paleontólogos adoitan incluír detrás do nome completo da especie o nome da persoa que a describiu, así como o ano de publicación.