Auckland: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
elimino sintaxe desbotada
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 65:
Despois da firma do [[tratado de Waitangi]], a principios de 1840, o gobernador da colonia, [[William Hobson]], tivo que elixir unha capital para a colonia. Ata entón, a capital efectiva era Kororareka, na actualidade chamado Russell, en [[Bay of Islands]] (a baía das illas). Non obstante, Kororareka estaba moi lonxe do resto do país e tiña unha mala reputación debido á embriaguez e inmoralidade dos seus habitantes.
 
A opción obvia, incluso naquel tempo, era probabelmente Port Nicholson ([[Wellington]]). Situada ao sur da [[Illa Norte]] e coa súa poboación medrando axiña, tiña moitas opcións. Non obstante, tratábase dunha localidade fundada e dominada pola [[New Zealand Company]] (Sociedade NeocelandesaNeozelandesa) e polos irmáns Wakefield. É máis, tiña unha mala reputación a conta dos seus relacións cos [[maorí]]é e a ocupación pouco escrupulosa e pode que ilegal da terra.
 
Sobre a base dos consellos do misioneiro Henry Williamson, Hobson elixiu a praia sur do porto natural de Waitemata como a súa nova capital. A terra necesaria adquiriuse axiña aos seus propetarios (a tribo maorí dos Ngati Whatua), e a cerimonia de fundación tivo lugar ás 13 horas do [[18 de setembro]] de [[1840]]. Hobson elixiu o nome en honra de George Eden, primeiro duque de Auckland, protector e amigo de Hobson.
Liña 74:
 
[[Ficheiro:360 auckland.jpg|centro|800px]]
 
== Véxase tamén ==
{{Commonscat}}