Pelo radical: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 13:
As células dos pelos radicais son crecementos do extremo das raíces. As células dos pelos radicais teñen un diámetro entre 15 e 17 micrómetros e de 80 a 1500 micrómetros de lonxitude.<ref name=Essau/> Atópanse só na zona de maduración e non na de elongación da raíz. Os pelos medran rapidamente, a partir dunha especie de papila na zona apical da célula epidérmica, ata polo menos 1μm/min, polo que son especialmente útiles para estudar a expansión da célula.<ref>{{Cite journal|last1=Grierson|first1=Claire|last2=Schiefelbein|first2=John|title=Root Hairs|journal=The Arabidopsis Book|volume=1|pages=e0060|doi=10.1199/tab.0060|pmid=22303213|pmc=3243358|date=1 January 2002}}</ref> A célula apical pode seguir alongándose despois da formación do pelo.
 
Nalgunhas plantas a epiderme radical presenta células formadoras de pelos e células que non os forman. En xeral, as células formadoras de eplospelos son máis curtas que as outras. As no formadoras de pelos poden ser inducidas a formalos por factores ambientais.<ref name=Essau/>
 
== Importancia ==