Pelo radical: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 6:
== Función ==
As zonas con pelos radicais son onde máis absorción de auga se produce. Os pelos son longos e poden penetrar entre as partículas do [[solo]] e impiden que bacterias daniñas entren ba planta a través dos vasos do [[xilema]]. Teñen unha gran área superficial para a absorción de auga, polo que fan que a planta sexa máis eficiente na absorción de nutrientes e no establecemento de relacións con microbios.<ref>{{Cite journal|title=Root Hairs|journal=The Arabidopsis Book|volume=1|pages=e0060|pmc=3243358|doi=10.1199/tab.0060|pmid=22303213|year=2002|last1=Grierson|first1=C.|last2=Schiefelbein|first2=J.}}</ref>
O aumento de superficie é o factor principal, xa que se demostrou que células peridérmicas sen pelos poden absorber auga case igual de ben. Unha planta de centeo, por exemplo, ten unha área superficial dos pelos de 232 m<sup>2</sup>.<ref name=Essau>Katherine Essau. Anatomía vegetal. Omega. Barcelona. 1976. Páxinas 192-196. ISBN 84-282-0169-2</ref> Unha sección transversal dunha célula do pelo radical mostra que ten unha forma case rectangular cunha longa prolongación delgada que se estende a un lado do núcleo, o cal está situado en posición parietal.
A auga pasa desde o solo ao [[citoplasma]] da célula do pelo absorbente por osmose. Isto ocorre porque a auga do solo ten un potencial hídrico máis alto que o citoplasma da célula do pelo. A solución de auga e minerais disoltos captada pasa desde a raíz ao resto da planta. As células dos pelos non teñen [[cloroplasto]]s nin fan a [[fotosíntese]].