Estadio Mbombela: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
elimino sintaxe desbotada
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.2
Liña 19:
 
== Características ==
Este estadio supuxo un importante impulso ás actividades deportivas da provincia de Mpumalanga, que non dispuña de ningunha instalación de categoría internacional. Mbombela Stadium está deseñado cunha forma rectangular lixeiramente curvada. Do seu deseño encargouse a compañía R&L Architects.<ref>{{Cita web |url=http://www.rlarchitects.co.za/projects_Sport/Mbombela_Page1.html |título=R&L Architects: Mbombela 2010 Stadium. |data-acceso=11 de xuño de 2010 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20100929191029/http://www.rlarchitects.co.za/Projects_Sport/Mbombela_Page1.html |dataarquivo=29 de setembro de 2010 |urlmorta=siyes }}</ref> A súa característica principal son os 18 apoios do teito que se asemellan a xirafas. O estadio está preto do Parque Nacional Kruger, polo que se considerou oportuno reflectir esta relación.<ref name = FIF/>
 
A bancada está dividida en tres niveles, contando con aproximadamente 20.000 localidades o nivel inferior e o superior e unhas 5.000 o nivel medio. O teito, de 1.450 toneladas, abarca unha superficie de 22.500 [[m²]], e cubrirá o 95% das localidades. É dun material transparente para facilitar a iluminación e frota (suxeito polos soportes-"xirafa") sen ancoraxe á parte superior do estadio, cun oco de 6 m. para proporcionar ventilación.