Aconcagua: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.2
Liña 1:
{{Coordenadas|32|39|12.35|S|70|00|39.9|W|display=title}}
[[Ficheiro:Monte Aconcagua.jpg|miniatura|250px|Aconcagua desde a entrada do parque]]
O '''Aconcagua''' é o pico máis alto do cordal dos [[Andes]] e por tanto de [[América do Sur]], de toda [[América]] e o pico máis alto fóra de [[Asia]], cunha altitude de 6.960,8 [[Msnm|metros]].<ref>{{Cita web |url=http://www.uncu.edu.ar/novedades/index/informe-cientifico-que-estudia-el-aconcagua-el-coloso-de-america-mide-69608-metros |título="Informe científico que estudia el Aconcagua: el Coloso de América mide 6.960,8 metros" |data-acceso=08 de setembro de 2012 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20120908061725/http://www.uncu.edu.ar/novedades/index/informe-cientifico-que-estudia-el-aconcagua-el-coloso-de-america-mide-69608-metros |dataarquivo=08 de setembro de 2012 |urlmorta=siyes }}</ref> Está situado na provincia [[arxentina]] de [[Provincia de Mendoza|Mendoza]]. Ó norte e ó leste limita co Val das Vacas e ó sur e ó oeste co Val dos Horcones inferior. Conta con diversos glaciares. Os máis importantes son o [[glaciar]] nororiental ou polaco e o do este ou inglés. Atópase dentro do Parque provincial Aconcagua, e é unha montaña moi frecuentada por andinistas de todo o mundo. O primeiro ascenso foi realizado por Mathias Zurbriggen o [[14 de xaneiro]] de [[1897]].
Estudos xeolóxicos sitúan a elevación do Aconcagua na idade Permotriásica, uns 200 a 280 millóns de anos atrás. A montaña foi creada pola subdución da placa de Nazca baixo a placa Suramericana durante a xeoloxicamente recente oroxenia andina. A orixe do seu nome non está clara, discútese se ven do Arauca Aconca-Hue ou do Quechua Ackon Cahuak (cuxo significado é Sentinela de Pedra)