John Logie Baird: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.2
Liña 5:
 
== Traxectoria ==
Baird nos primeiros intentos de desenvolver un sistema de televisión experimentou, mellorándoo, co [[disco de Nipkow]], un disco que servía de mecanismo para proxectar a luz reflectida por un obxecto sobre unha serie de células de [[selenio]] que enviaban os impulsos eléctricos correspondentes a través dun cable. En febreiro de [[1924]] transmitiu imaxes estáticas de a través dun sistema mecánico de [[televisión analóxica]]. O [[30 de outubro]] de [[1925]] transmitiu as primeiras imaxes en movemento, tamén foi el o que realizou a que se considera a primeira<ref>[http://www.bbc.co.uk/history/historic_figures/baird_logie.shtml BBC History: Historic Figures]</ref> demostración pública dun sistema real de televisión o [[26 de xaneiro]] de [[1926]]. Tamén foi un dos pioneiros da gravación [[vídeo|videográfica]]<ref>{{Cita web |url=http://www.museum.tv/eotvsection.php?entrycode=bairdjohnl |título=The Museum of Broadcast Communications |data-acceso=05 de agosto de 2010 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20101204171818/http://www.museum.tv/eotvsection.php?entrycode=bairdjohnl |dataarquivo=04 de decembro de 2010 |urlmorta=siyes }}</ref><ref>[http://www.youtube.com/watch?v=CC0nRLvQXuE&feature=relatedc Vídeo realizado por Baird]</ref>. En [[1927]] fundou a Baird Television Development Company coa que en [[1928]] fixo a primeira transmisión transatlántica de televisión, entre [[Londres]] e [[Nova York]] e fixo o primeiro programa de televisión para a [[BBC]]. En [[1931]] realizou a primeira transmisión en directo, o derbi de Epsom.
 
Dende 1929 BBC empregou o sistema de 240 liñas de varrido mecánico para a transmisión dos seus programas ata [[1937]] en que o substituíu por un electrónico. Durante os anos da [[Segunda Guerra Mundial]] traballou no desenvolvemento da televisión en cor, e o [[16 de agosto]] de [[1942]] realizou a primeira demostración pública dun tubo electrónico en cor<ref>Albert Abramson, Christopher H. Sterling "The History of Television, 1942 to 2000", pp. 13-14</ref>.