Pazo do Picón: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Castelao (conversa | contribucións)
m →‎Descrición: aclaración
Castelao (conversa | contribucións)
m →‎Descrición: aclaración
Liña 8:
A meirande parte do pazo está construído con bos perpiaños de granito, tanto nas esquinas como nas aperturas (fiestras e portas), completándose os muros con mampostaría de [[lousa]] que está extensamente encalada. Ten forma de U aberta con prolongacións ao exterior, especialmente polo corpo duns 1.500 m² que se estende ao nordés e que, co corpo principal do pazo, presentaría a tradicional forma de L e unha planta total duns 500 m². Porén, a estes espazos hai que engadirlles outros corpos de menores dimensións, orientados ao suroeste, que ocupan unha planta duns 570 m². A disposición de todas estas construcións dá como resultado a aparición de dous pequenos patios, un máis pechado que o outro. O patio do suroeste é máis amplo e está rodeado de distintas edificacións, servindo orixinalmente como patio de carruaxes. O patio do nordés é máis pequeno e nel atopase o patín e solaina, dispoñendo de decoración herbácea e limitando co gran xardín exterior. Por fin, separado uns metros no lado sueste, seguindo paralelamente o camiño de entrada, hai un pombal circular.
 
O portón arquitrabado da entrada exterior ao patio pequeno está coroado cunha pequena cruz no seu lintel.
 
Unha vez no patio pequeno, distínguese a solaina que no lintel da súa porta ten escrita a data [[1699]], que é a de remate da construción do pazo.