Vicente Guillén: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
m corrixo gralla
Xas (conversa | contribucións)
m datiño e referencia
Liña 3:
 
== Traxectoria ==
Electricista en [[Coruxo, Vigo|Coruxo]]. En 1935 foi procesado en Vigo por lesións, aínda que foi absolto por ser en lexítima defensa.<ref>''El Pueblo Gallego'', 17-9-1935, p. 14.</ref> Co [[golpe de Estado do 18 de xullo de 1936]] foi chamado a filas coa súa quinta en agosto. Non se presentou e fuxiu ao monte. Liderou unha partida de fuxidos. Participou co seu irmán [[Julio Guillén Biel]] no grupo de [[Rogelio García Morales]]. Xulgado en Vigo en 1937 por rebelión militar foi declarado en rebeldía.<ref>Requisitoria en ''El Pueblo gallegoGallego'', 8-8-1937, p. 4.</ref> O 6 de xuño de 1939 entrevistouse co gobernador civil [[Manuel Gómez Cantos]] que se achegou ao seu domicilio para xestionar a súa presentación.<ref>''El Pueblo Gallego'', 7-6-1939, p. 6.</ref> Guillén desconfíou, non se presentou e volveu ao monte.<ref>[https://anosdomedo.blogspot.com/2020/07/o-virreinado-de-papa-manuel-1.html O virreinado de "papá Manuel" (1).]</ref> Finalmente foi detido ese ano. Xulgado en Pontevedra por rebelión militar, foi condenado a pena de morte. Foi executado nos diques de Monteporreiro de Pontevedra. Foi condenado polo Xulgado de Vigo ao pago de 100 pesetas en 1943.<ref>[https://www.boe.es/datos/pdfs/BOE//1943/309/C03874-03890.pdf ''BOE'', 5-11-1943, p. 3882 .]</ref>
 
== Notas ==