Contido eliminado Contido engadido
Fryant (conversa | contribucións)
Fryant (conversa | contribucións)
Liña 9:
#Os pronomes femininos túa e súa sempre levan til en galego, e todos os pronomes levan artigo.
#O pasado de morrer é morreron, e é un verbo regular polo que a terminación de terceira persoa de plural -eron aplicáse a todos os verbos regulares.
#As palabras rematadas en -ancia non levan circunflexo, de feito ese titiltil non existe en galego.
 
Nada máis, o resto estaba perfecto. Un saúdo.--[[User:Fryant|Fryant]]<sub>[[User talk:Fryant|Tralarí Tralará]]</sub> 23:41, 8 novembro 2007 (UTC)
Liña 15:
:Ola, xa lle fixen eu a revisión a [[Xurxo V do Reino Unido]]. As mudanzas que lle fixen pódelas ver [http://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Xurxo_V_do_Reino_Unido&curid=68020&diff=547247&oldid=547068 aquí]. Moi bo o teu galego. Un saúdo. [[User:Albert galiza|Alberte]]<sup>[[User talk:Albert galiza|Si, digame?]]</sup> 15:22, 14 novembro 2007 (UTC)
::Sintoo, cheguei tarde esta vez...:p Menos mal que temos a Alberte...hehehe. Para a vindeira, xa sabes onde estou. Un saúdo.--[[User:Fryant|Fryant]]<sub>[[User talk:Fryant|Tralarí Tralará]]</sub> 06:28, 15 novembro 2007 (UTC)
 
Ola de novo, Alex! Xa está corrixido. Deixote debaixo os erros que cometiches:
 
#En galego, os obxectos indirectos, soen levar o pronome "a". Por exemplo: ''Eduardo coñeceu '''a''' [[Wallis, A Duquesa de Windsor|Wallis Simpson]]''
#As terminación en portugues -ção en galego pasa a -ción ou -zón, dependendo da palabra. Podes consultar [http://www.edu.xunta.es/diccionarios/index.html neste dicionario] as dúbidas nese senso. O mesmo pasa con -tão, que pasa a -tión; e con -são, que pasa a -sión.
#Não en galego é non.
#O termo portugués aceitar, en galego é aceptar. O seu participio é aceptado, que é un participio regular. As terminacións -ado e -ido, son as que se usan nos participios regulares galegos.
#O verbo recusar en galego non é reflexivo.
#A terminación -ça pasa a -cia ou -za, dependendo da palabra.
#As palabras que en portugués terminan en -m, como ''em'' ou ''um'', en galego rematan en -n :''en'', ''un''.
#O ''j'' en galego non existe, cando en portugués hai unha, pasa a galego como ''ll'' ou, sobre todo, ''x'', dependendo da palabra. Tamén pasa algo semellante co ''g'', que aínda que si existe, en palabras portuguesas como sugestião, pasan a galego como suxestión.
#A terminación verbal portuguesa -ava, en galego é con b: -aba.
#En galego non se usa o s duplo, e normalmente cando en portugués hai un, en galego pasa a ter un só: Passou -> Pasou.
 
Nada máis, o resto esta perfecto. Por certo, non sabía que a verba ''recusar'' tiña tamén esa acepción en galego. Iso é o que me gusta de axudar a lusófonos co galego, que eu tamén aprendo un pouquiño máis. Un saúdo..:) --[[User:Fryant|Fryant]]<sub>[[User talk:Fryant|Tralarí Tralará]]</sub> 02:50, 17 novembro 2007 (UTC)