Clara Ponsatí: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
da wikipedia en inglés.
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 9:
Clara licenciouse en economía na [[Universidade de Barcelona]] en 1980 e realizou o mestrado na [[Universidade Autónoma de Barcelona]] (UAB) (1982) e doutorouse en 1988 na [[Universidade de Minnesota]] coa tese ''Incomplete Information Two Person Bargaining with a Finite Set of Posible Agreements''<ref>{{cita web|url=http://www.iae.csic.es/investigatorsMaterial/a16173135548cv9158.pdf|título=CV Clara Ponsatí School of Economics and Finance University of St Andrews|}}</ref>. Unha especialista na teoría de xogos e economía pública, con interese na negociaión e a resolución de conflitos.<ref name=":0">{{cita novas|título=Clara Ponsatí, de la ANC al Govern pasando por Georgetown|url= http://www.lavanguardia.com/politica/20170714/424109715670/clara-ponsati.html| data=14 de xullo de 2017|xornal=La Vanguardia}}</ref> Nos Estados Unidos de clases na Universidade de Minnesota no curso 1986/87 e en 1989 volveu a Barcelona como profesora na UAB<ref name="LV">{{cita novas|url=https://www.lavanguardia.com/politica/20170805/43328310273/ponsati.html|título=L’economista que ve d’Escòcia en vigílies de l’1-O|xornal=La Vanguardia|data=5 de agosto de 2017}}</ref> con interrupcións para exercer como profesora visitante nas Universidades de [[Universidade de California en San Diego|California en San Diego]] (1993/94) e [[Universidade de Toronto|Toronto]] (2000/01). En 2001 incorpourose como investigadora ao Institut d’Anàlisi Econòmica (IAE) do [[CSIC]] e foi a súa directora entre 2006 e 2012. No curso 2012/13 foi profesora visitante da cátedra Príncipe de Asturias da [[Universidade de Georgetown]]. En 2013 o ministro de educación e cultura do goberno español, [[José Manuel García-Margallo]], recoñeceu en sede parlamentaria que a súa non renovación fora unha decisión política pola postura favorable de Ponsatí ao dereito de decidir en Cataluña<ref>{{cita web|url=https://www.naciodigital.cat/noticia/54541/margallo/reconeix/va/cessar/ponsati/sobiranista|título=Margallo reconeix que va cessar Ponsatí per sobiranista|páxina-web=NacioDigital|data= 8 de maio de 2013}}</ref>. De volta a Cataluña exerceu como profesora-investigadora de novo no IAE ata xaneiro de 2016 cando a [[Universidade de St Andrews]] en [[Escocia]] nomeouna profesora e directora da súa escola de economía.
Publicou diversos artigos académicos en revistas internacionais de teoría e investigación económica tales como o ''Journal of Public Economic Theory'', ''Games and Economic Behavior'', ''Social Choice and Welfare'', ''Journal of Economic Theory'', ''International Journal of Industrial Organization'', ''Economica'' ou ''Economics Letters''.
 
=== Actividade política ===
[[Ficheiro:Presa possessió consellera d'Ensenyament, Clara Ponsetí.jpg|miniatura|Clara Ponsatí durante o acto no que tomaba posesión do cargo de conselleira de ensinamento da Generalitat de Cataluña]]
Durante a súa mocidade formou parte da Joventut Comunista de Catalunya e en 1979 entrou a militar no [[Partit Socialista Unificat de Catalunya]] <ref name="LV"/> pero logo mantívose fóra de toda actividade política pública ata a segunda década do século XXI cando apoiou publicamente o dereito de decidir. En 2014 apareceu no documental sobre o independentismo ''L'endemà'' de [[Isona Passola]]. Nas [[eleccións ao Parlamento de Cataluña 2015|eleccións catalás de 2015]] foi como suplente pola circunscrición de Barcelona na lista de [[Junts pel Sí]]<ref>{{cita novas|url=https://cat.elpais.com/cat/2017/07/14/catalunya/1500025936_318053.html|título=Clara Ponsatí, una economista de l’ANC per pilotar Ensenyament|xornal=El País|data=14 de xullo de 2017}}</ref>. En maio de 2016 entrou a formar parte do secretariado nacional da [[Assemblea Nacional Catalana]], aliñada co sector crítico da organización<ref>{{cita web|url=https://www.elcritic.cat/noticies/dotze-noms-clau-del-nou-secretariat-de-lanc-del-cercle-catala-de-negocis-a-lesquerra-indepe-11013|título=Dotze noms clau del nou secretariat de l’ANC: del Cercle Català de Negocis a l’esquerra ‘indepe’ |páxina-web= El Crític|data=25 de maio de 2016}}</ref> permaneceu no posto ata o 17 xullo de 2017 ao asumir a consellería de ensinanza da [[Generalitat de Cataluña]] logo da cesación de [[Meritxell Ruiz]] e outros dous conselleiros reticentes a asumiren as consecuencias dun [[Referendo sobre a independencia de Cataluña de 2017|referendo unilateral de independencia]]<ref>{{cita novas|url=https://www.ara.cat/politica/puigdemont-junqueras-anuncien-canvis-govern-referendum_0_1832216861.html|título=Puigdemont relleva quatre càrrecs per esvair els dubtes sobre l'1-O|xornal= Ara|data=15 de xullo de 2017}}</ref>. Ponsatí colocouse á fronte dun departamento que tiña un papel importante no preparativo do referendo ao localizarense os colexios electores en establecementos de ensino. Tras a celebración do referendo o 1 de outubro e como consecuencia da aplicación do [[Artigo 155 da Constitución española de 1978|artigo 155 da Constitución española]] o goberno español interviu o 27 de outubro a autonomía catalá e procedeu, entre outras medidas, á cesación dos conselleiros da Generalitat. Ponsatí canda o presidente [[Carles Puigdemont]] e outros tres conselleiros do goberno, [[Lluís Puig]], [[Antoni Comín]] e [[Meritxell Serret]] marcharon a un exilio autoimposto<ref>{{cita web|url=https://www.bbc.com/news/world-europe-42451100|título=Catalonia election: Puigdemont calls for talks with Spain|páxina-web=BBC|data=22 de decembro de 2017}}</ref> en [[Bruxelas]] o 30 de outubro.
 
Nas [[eleccións ao Parlamento de Cataluña 2017|eleccións catalás de 2017]] saíu deputada na lista [[Junts per Catalunya]]<ref name=":02">{{cita web|url=https://resultats.parlament2017.cat/09AU/DAU09000XX.htm?lang=ca|título=Composició del Parlament - Resultats provisionals - Eleccions al Parlament de Catalunya 2017}}</ref><ref>{{cita novas|url=https://www.vilaweb.cat/noticies/el-pdcat-registra-la-marca-electoral-junts-per-catalunya-la-llista-que-liderara-puigdemont/ |título=Junts per Catalunya, la llista del PDECat que liderarà Puigdemont |obra=VilaWeb |data= 13 de novembro de 2017}}</ref> porén renunciou á acta de deputada o 28 de xaneiro de 2018<ref>{{cita web|url=http://www.ccma.cat/324/ponsati-serret-i-puig-renuncien-a-lacta-de-diputat-des-de-belgica/noticia/2834193/|título=Ponsatí, Serret i Puig renuncien a l'acta de diputat des de Bèlgica|data=28 de xaneiro de 2018|editor=Corporació Catalana de Mitjans Audiovisuals}}</ref>. O 10 de marzo anunciou que se ía establecer en Escocia para volver á actividade académica e, xa que logo, oficializaba a súa retirada da política institucional.
[[Ficheiro:El president Puigdemont durant la seva intervenció a l'acte de benvinguda.jpg|miniatura|Clara Ponsatí, xunto a Puigdemont, nun acto do Consello da República en 2018 co presidente da Generalitat Quim Torra]]
 
O 24 de marz de 2018 o maxistrado do [[Tribunal Supremo de España|Tribunal Supremo español]] [[Pablo Llarena]] emitiu unha [[orde de detención europea]] contra Ponsatí<ref>{{cita novas|url=https://www.eldiario.es/catalunya/MINUTO-Arranca-legislatura-Catalunya_13_730156978_19176.html|título=La policía escocesa recibe y activa la orden de detención contra la exconsellera Clara Ponsatí|data=25 de marzo de 2018|xornal=El Diario}}</ref>. Mais o 28 a xustiza escocesa deixouna en liberdade aínda que lle retirou o pasaporte<ref>{{cita novas|título=La justícia escocesa deixa Ponsatí en llibertat condicional i mesures cautelars|xornal=Ara|url=https://www.ara.cat/politica/Clara-Ponsati-anuncia-acudira-comissaria_0_1986401445.html}}</ref> e o 19 de xullo o xuíz Llarena retirou a euroorde contra ela e outros políticos cataláns ao saber que a xustiza de Schleswig-Holstein rexeitaba a entrega a España de Puigdemont polo delito de rebelión<ref>{{cita web|url=https://www.europapress.es/nacional/noticia-juez-llarena-rechaza-entrega-puigdemont-malversacion-retira-euroordenes-contra-fugados-20180719133654.html|título=El juez Llarena retira la euroorden contra Puigdemont, rechaza su entrega y acusa al tribunal alemán de extralimitarse|páxina-web=Europa Press|data=19 de xullo de 2018}}</ref>.
 
O 5 de novembro de 2019 Llarena emitiu outra euroorde contra Ponsatí<ref>{{Cite news|url=https://www.bbc.co.uk/news/uk-scotland-50299391|title=Clara Ponsati: New European arrest warrant issued|date=5 de novembro de 2019|work=BBC}}</ref> que se devolveu a España para clarificación. Finalmente, o 14 de novembro de 2019 declarou diante a xustiza escocesa que a deixou en liberdade sen lle retirar o pasaporte e fixou a vista para o 12 de decenbro de 2019<ref>{{Cite news|url=https://www.bbc.co.uk/news/uk-scotland-50409771|title=Clara Ponsati bailed in Edinburgh and allowed to keep passport|date=14 de novembro de 2019}}</ref> pero Ponsatí, que fora nas listas de Lliures per Europa nas eleccións europeas do 26 de maio de 2019 sen resultar elixida, converteuse en europarlamentaria tras o [[Brexit]], ao aumentar en cinco os europarlamentarios españois<ref>{{cite web |url=https://www.bbc.co.uk/news/uk-scotland-51230674 |title=Ponsati's role as MEP 'could halt extradition' |website=BBC News |publisher= |data=23 de xaneiro de 2020}}</ref> o que supuxo a suspensión do procedemento de extradición ao considerar a xustiza escocesa que o posto lle concedía inmunidade<ref>{{cite web |url=https://www.bbc.co.uk/news/uk-scotland-edinburgh-east-fife-51752992 |title=Catalan academic's extradition to Spain suspended |website=BBC News |publisher= |date=5 de marzo de 2020}}</ref>.
 
 
== Notas ==