Alexandre VIII, papa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nonso91 (conversa | contribucións)
Nonso91 (conversa | contribucións)
Liña 34:
O seu pontificado durou só un ano e catro meses, pero resultou excepcionalmente activo.
 
Á morte do seu predecesor o tesouro pontificio estaba en condicións saneadas. '''Inocencio VIII''' inverteu a situación de bonanzaprosperidade: rebaixou os impostos e dilapidou as finanzas papais en dádivas á súa familia.
 
Contravindo as prácticas do pontificado anterior, inmediatamente despois de que o elixisen papa lanzouse a un nepotismo desenfreado: en Roma rexistrouse un auténtico desembarco de ''Ottoboni'' venecianos e de achegados a estes, todos prestos a recibirrecibiren cargos e prebendas. Cinguíndose ós seus familiares máis próximos, nomeou un sobriñodos seuseus sobriños, Antonio, xeneral en xefe dos exércitos dos [[Estados da Igrexa]]; a outro sobriño, Pietro, de só dezanove anos, nomeouno cardeal diácono ''pro illa vice'' de ''San Lorenzo in Damaso'', gobernador de [[Fermo]], [[Tivoli]] e [[Capranica]], vice-chancelervicechanceler da [[Igrexa Romana]], secretario de memoriais e vigairo papal no territorio de [[Avignon]]; a un terceiro sobriño, Marco, que era chepudo, colleu e, coas facultades mentais algo diminuídas, nomeouno superintendente das fortalezas e as galeras papais, e comprou para el o ducado de Fiano mediante o pago dunha auténtica fortuna. Dise queDisque '''Alexandre VIII''', previndo que lle quedaba pouca vida e que o seu sucesor non sería tan pródigo, instaba ósos seus favorecidos a acapararacapararen rapidamente o máximo de prebendas coa frase: ''Le 24 stanno per scoccare'' (Falta pouco para media noite).
 
A finais de 1690 e mediante decreto do [[Santo Oficio]] condenou 31 proposicións das máis de 200 presentadas por un grupo de teólogos xesuítas belgas, especificamente os da universidade de [[Lovaina]], a propósito da graza, a [[penitencia]] e da [[eucaristía]], así como a teoría do "pecado filosófico". Tamén se opuxo ó "rigorismo" excesivo de determinadas correntes morais, contraposto ó "laxismo" que fora denunciado en pontificados anteriores.