Ramones: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nonso91 (conversa | contribucións)
Nonso91 (conversa | contribucións)
Liña 41:
En [[1980]] foi lanzado ao mercado ''End of the Century'', o único disco do grupo producido por [[Phil Spector]] xa que buscaban chegar ao publico masivo apuntando mais á melodía pop. O estilo perfeccionista de Spector contrastou coa disciplina imposta ata ese entón por Tommy, que non soamente se encargara de coproducir os seus primeiros álbums senón que tamén foi responsable do "[[concepto Ramone]]". A pesar de todo o disco non triunfou como se esperaba.
 
Un ano máis tarde, Os Ramones gravou ''Pleasant Dreams'', producido polo ex integrante de [[10cc]] [[Graham Gouldman]]. A crítica musical coincidiu en xeral respecto ao cambio do estilo ramoneiro a un claramente máis ligado ao pop. Aínda así, na súa maioría os fanáticos da banda deron o visto e prace a ''Pleasant Dreams'' e converteron en hits os temas "She's a Sensation" e "Don't Go". Ese mesmo ano, a banda tamén substituíu á súa mánagerdirectora Danny Fields por Gary Kurfirst.
 
O grupo non volveu gravar ata [[1983]], cando foi emitido ''Subterranean Jungle'', un álbum que trouxo aparellado distintas polémicas entre os seus seguidores e pelexas internas entre Dee Dee, Joey e Johnny. Ao mesmo tempo, Marky Ramone deixou a banda por problemas de [[alcoholismo]] durante a gravación do disco polo cal Billy Rogers debeu tocar a batería no tema "Time Has Come Today".