Ría de Arousa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
{{1000 artigos icona título|materia=Bioloxía e Xeoloxía}}
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 12:
Régana os ríos [[Río Ulla|Ulla]] e [[Río Umia|Umia]]. As poboacións máis importantes son [[Ribeira]], [[A Pobra do Caramiñal]], [[Boiro]] e [[Rianxo]] ao norte e [[Vilagarcía de Arousa|Vilagarcía]], [[Vilanova de Arousa|Vilanova]], [[Cambados]] e O Grove ao sur.
 
A súa costa meridional empeza a desenvolverse a partir do estuario do río Ulla, entre Rianxo e Carril. Este fondo da ría ten un aspecto lacustre, debido á tranquilidade das augas, protexidas do mar aberto pola Illa de Arousa, e a suavidade do litoral. O centro desta zona é a vila populosa e industrial de Vilagarcía de Arousa. Un segundo sector estará formado pola costa que vai dende a punta das Sinas, ata a Illa da Toxa. A histórica e monumental vila de Cambados é o principal punto de referencia, e os accidentes costeiros sobresalientes son o senoseo da desembocadura do Umia e a enseada do Grove, tamén de aspecto lacustre. A península do Grove ten a braveza do mar aberto que case non paran nin o vento nin o mar, que se fai notar na súa costa e praias.
 
A profundidade tamén oscila entre os 70 m na boca da ría e os 20 m na entrada á enseada de Vilagarcía. É a máis profunda e máis ampla das rías galegas, só superada pola ría de Vigo en lonxitude.