Lakshmibai: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
Máis. Todo o artigo incorpora datos da wikipedia en inglés.
Liña 15:
 
Forzas dos estados de Orchha e Datia, aliados da Compañía, invadiron Jhansi coa intención de dividilo entre eles; a rani apelou ao gobernador xeral por axuda pero non obtivo contestación de modo que reuniu unha forza militar, con antigos feudatarios de Jhansi e elementos rebeldes, que derrotou os invasores en agosto de 1857. Así e todo, daquela aínda tiña intención de reter Jhansi en nome dos británicos<ref name="Edwardes"/>.
 
Jhansi, so o goberno de Lakshmibai, permaneceu en paz entre agosto de 1857 e xaneiro de 1858 e malia os británicos anunciaren o envío inmediato de tropas o certo é non chegou continxente ningún, o que reforzou a posición na corte dos partidarios da independencia do dominio británico. Cando as forzas británicas chegaron finalmente a cidade en marzo atopárona ben defendida e o forte preparado para rexeitar calquera ataque. O comandante das forzas británicas, Hugh Rose, esixiu a capitulación e de facer caso omiso procedería á destrución do cidade<ref name="Edwardes"/>. Logo de deliberar cos seus asesores, a rani proclamou que loitaría pola independencia<ref name="Edwardes"/>. Os británicos principiaron o asedio a Jhansi o 23 de marzo de 1858.
 
 
 
== Notas ==
{{Listaref|2}}
 
{{control de autoridades}}