Longobardos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Moedagalega (conversa | contribucións)
Outros artigos.
Breobot (conversa | contribucións)
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 9:
A súa propia tradición oral tardía (a ''[[Origo Gentis Langobardorum]]'') describe como os longobardos abandonaron a súa Escandinavia, dirixidos por dous xefes irmáns, [[Ibor]] e [[Axio]], e como se estableceron en [[Europa]] central. Explica tamén a etimoloxía do seu nome, os «Longas-Barbas»: este último llo daría o deus [[Odín|Wotan]] á pequena tribo dos ''Winilli'' (que significa simplemente os «Guerreiros»), despois de que as mulleres desta tribo lles cortaran os cabelos e que elas os usaran como barbas postizas; a estrataxema, inspirada por [[Freia]], pretendía reforzar o número dos guerreiros da tribo confrontada a unha invasión de guerreiros [[vándalos]], máis numerosos. Os longobardos considerábanse favoritos do deus Odín.
 
A obra ten como modelo o relato da migración dos [[godos]] (feito polo historiador de estedeste pobo, [[Xordanes]]) e se cadra tamén relacionada co relato da migración dos [[anglos]], os [[xutos]] e os [[saxóns]] á illa de [[Gran Bretaña|Bretaña]] tal e como se fai na [[Crónica anglosaxoa]]. Tamén, o carácter mitolóxico da tradición longobarda obriga a considerar a hipótese da orixe escandinava e da etimoloxía dos longobardos coa máis grande das cautelas.
 
No [[século I]], os longobardos están establecidos no curso inferior do Elba onde se enfrontan ao emperador [[Tiberio]]. No século seguinte, acadan o curso medio do [[Danubio]]. Así, en [[167]], están presentes en [[Pannonia]] onde permaneceron varios séculos. Cara a finais do [[século V]], en efecto, obteñen nesta rexión un tratado do emperador [[Xustiniano]], converténdose así en ''federados'' de Roma. Numerosos guerreiros longobardos serviron, a partir do ano [[551]], como [[mercenario]]s na Península Italiana contra os [[ostrogodos]].