Dereitos humanos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Breobot (conversa | contribucións)
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 8:
Os dereitos humanos, normalmente, divídense en dúas categorías: dereitos positivos e dereitos negativos. Os dereitos negativos poden ser expresados como un dereito positivo, pero non á viceversa. Por exemplo, o dereito dun bebé a ter pais e que o coiden, asumindo que é un dereito humano, só pode ser expresado positivamente. Outra clasificación amplamente estendida é a que ordena os dereitos humanos en tres ou máis xeracións.
 
Legalmente, os dereitos humanos defínense no Dereito interno de numerosos Estados e nos [[Tratado Internacional|tratados internacionais]]. Para moitos, ademais, a doutrina dos dereitos humanos esténdese máis aló do Dereito e conforma unha base [[ética]] e [[moral]] que debe fundamentar a regulación da orde xeopolítica contemporánea. Pero a validez, contido e incluso a existencia dos dereitos humanos son obxecto dun permanente debate no ámbito da [[filosofía]] e as [[ciencias políticas]]. Segundo que tipo de concepción se teña sobre o Dereito, como [[iusnaturalismo|iusnaturalista]], [[iusracionalismo|iusracionalista]], [[iuspositivismo|iuspositivista]], vinculada ao [[realismo xurídico]] ou ao [[dualismo xurídico]], entre outros, a categoría conceptual de dereitos humanos pode considerarse [[deus|divina]], observable na [[natureza]], accesible a través da [[razón]], determinada polos contextos nas moitas maneiras que é posible entender a [[Historia]], unha síntese de ideas de estasdestas ou outras posicións [[ideoloxía|ideolóxicas]] e filosóficas ou un mero concepto inexistente e sen validez.
 
== Orixe cultural ==