Mesoamérica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
→‎Oaxaca: texto traducido desde a wiki ,es:Mesoamérica#Oaxaca
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 38:
[[Ficheiro:Utila beach.jpg|miniatura|Praia na illa de [[Utila]], na costa atlántica de [[Honduras]].]]
[[Ficheiro:La Tovara.jpg|miniatura|Zona húmida da Tovara ([[Nayarit]]), no Pacífico mexicano.]]
As terras baixas mesoamericanas comprenden aquelas rexións por baixo de 1000&nbsp;[[Nivel medio do mar|m&nbsp;s.&nbsp;n.&nbsp;m.]]<ref>Carmack ''et al.'', 1996, cap. II.</ref> Trátase en xeral das chairas costeiras e os [[pedemonte]]s das montañas que baixan ao litoral. Caracterízanse pola súa temperatura cálida, aínda que outras condicións xeográficas poidan variar. No xeral a fachada atlántica posúe unha humidade maior e unha vexetación máis exuberante que a costa do [[Océano Pacífico|Pacífico]]. Nas estribacións da [[serra Madre Oriental]] os réximes de choiva son elevados e os ríos que baixan ao [[golfo de México]] en vertentes pronunciadas denominadas [[aluvión]]s desbórdanse con frecuencia, como a [[Tabasco|chaira tabasqueña]], unha extensa planicie de aluvión onde se localiza a conca hidrolóxica máis importante de [[México]] formada polos ríos [[Río Grijalva|Grijalva]] e [[Río Usumacinta|Usumacinta]]. Na mesma situación atópase a [[serra dos Tuxtlas]], no centro do actual estado [[México|mexicano]] de [[Estado de Veracruz|Veracruz]]. A [[península do Iucatán]] -que é unha gran planicie [[Carbonato de calcio|calcárea]] a pouca altura sobre o nivel do mar- comparte con [[Honduras]] unha tempada de choivas con maiores precipitacións entre maio e decembro. A auga é tan abundante na vertente atlántica mesoamericana que osas humidaiszonas húmidas foron unha parte importante da paisaxe ata que comezaron a ser devastados pola acción humana. Os [[pantanos de Centla]] en [[Tabasco]], son unha mostra, aínda que non única, dos ecosistemas nativos das costas atlánticas da rexión.
 
Os [[furacán]]s golpean as costas de Mesoamérica cada ano. <!-- De feito, a palabra que se emprega para denominar estes fenómenos [[meteoroloxía|meteorolóxicos]] é de orixe mesoamericana.<ref>O ''[[Dicionario da lingua española]]'' da [[RAE]] di que é unha voz [[taína]], pero non refire de que vocábulo deriva. Outras referencias atopan a orixe do termo na [[cultura maya]]. No ''[[ Popol vuh]]'' hai unha pasaxe que refire á existencia do deus Hurakán {{etimoloxía| quiché|corazón do ceo}}:<br/>{{cita|Entón dispuxeron a creación e crecemento das árbores e os bejucos e o nacemento da vida e a creación do home. Dispúxose así nas tebras e na noite polo Corazón do Ceo, que se chama Furacán.}}</ref> --> A temperatura non presenta contrastes considerables, é cálida durante todo o ano e a diferenza entre temperaturas máximas e mínimas é relativamente pequena.