Manuel II Paleólogo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
arranxos
Breobot (conversa | contribucións)
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
 
Liña 6:
Cando morreu o seu pai, el era refén na corte [[otománs|otomá]] de [[Baiaceto I]] en Prussa (a actual [[Bursa]]), pero deu escapado. A continuación foi asediado en [[Constantinopla]] polo sultán, cuxa vitoria sobre os bizantinos na [[batalla de Nicópolis]] ([[25 de setembro]] de [[1396]]) non lle permitiu, con todo, tomar a capital.
 
Manuel decidiu entón viaxar a Occidente persoalmente en busca de axuda, e con este fin visitou [[Italia]], [[Francia]], [[Alemaña]] e [[Inglaterra]], sen éxito real. A vitoria de [[Tamerlán]] sobre os turcos na [[batalla de AnkaraAncara]] en [[1402]], e a morte de Baiaceto en [[1403]] permitíronlle un respiro ante a constante presión otomá. Mantivo boas relacións con [[Mehmed I]], pero volveu ser asediado no seu capital por [[Murad II]] en [[1422]]. Pouco antes da súa morte, viuse obrigado a asinar un acordo polo cal o [[Imperio bizantino]] se comprometía a pagar tributo ao sultán.
 
Manuel escribiu moitas obras de distinto tipo: teolóxicas, retóricas, poéticas, así como unha colección de epístolas.