Indiana Pacers: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Breobot (conversa | contribucións)
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 37:
Os Pacers foron un dos catro equipos que chegaron á NBA en 1976. Para a [[Tempada 1976-77 da NBA|tempada 1976-77]], chegaron da ABA, á parte dos Pacers, os [[New York Nets]], os [[Denver Nuggets]] e os [[San Antonio Spurs]]. Respecto ao diñeiro, os Pacers eran o equipo máis débil dos catro que chegaron da ABA. Estes problemas financeiros xa eran notables nos últimos anos na ABA, cando tiveron que vender a algúns dos seus mellores xogadores. A NBA cobraba 3'2 millóns de dólares a cada equipo que chegaba da ABA. Ademais, coma cada tempada só podían pasar catro equipos da ABA á NBA, os Pacers, xunto aos outros tres equipos que chegaron á liga, tiveron que compensar economicamente aos dous equipos que non puideron entrar.
 
Coma resultado do alto precioprezo que pagaron para entrar na NBA, os Pacers estaba nunha grave situación económica. Un grupo de comerciantes locais proporcionou 100.000 dólares en xuño de 1977. O equipo anunciou que, a non ser que as vendas de entradas superaran as 8.000 ao remate de xullo de 1977, a franquía tiña que ser vendida. A televisión que ofrecía os partidos dos Pacers, a WTTV, fixo un programa de 16 horas e media de duración para recaudar fondos para manter o equipo en Indiana. Comezou o [[3 de xullo]] de 1977 e rematou ao día siguiente, e conseguiron vender as 8.000 entradas. En parte debido a isto, a media de asistencia subiu de 7.615 a 10.982 durante a [[Tempada 1977-78 da NBA|tempada 1977-78]].<ref>{{Cita web |url=http://www2.indystar.com/library/factfiles/sports/basketball/indiana_pacers/stories/2002_0702.html |título=Indiana Pacers' history (articles) |data-acceso=29 de decembro de 2011 |urlarquivo=https://www.webcitation.org/68hNsaNJ7?url=http://www2.indystar.com/library/factfiles/sports/basketball/indiana_pacers/stories/2002_0702.html |dataarquivo=26 de xuño de 2012 |urlmorta=si }}</ref>
 
Os Pacers remataron a súa primeira tempada na NBA cun récord de 36-46. [[Billy Knight]] e [[Don Buse]] representaron a Indiana no [[All-Star Game da NBA]]. Porén, este feito foi tan só un dos poucos salientables nos primeiros 13 anos dos Pacers na NBA. Durante este tempo, só conseguiron tres tempadas cun récord positivo e clasificáronse dúas veces para os playoffs. Antes do comezo da [[Tempada 1977-78 da NBA|tempada 1977-78]], Knight e Buse foron traspasados. Adquiriron a [[Adrian Dantley]] a cambio de Knight, pero Dantley (que facía preto de 27 puntos por partido daquela) foi traspasado en decembro, mentres que o segundo máximo anotador do equipo, [[John Williamson]], foise en xaneiro.