Partido dos Traballadores do Kurdistán: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta14)
Breobot (conversa | contribucións)
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 23:
=== Evolución cara o confederalismo democrático ===
[[Ficheiro:Flag of Koma Civakên Kurdistanê.svg|miniatura|248x248px|Bandeira da ''Koma Civakên Kurdistan'' (''Confederación de Pobos do Kurdistán)'', órgano ideolóxico dirixido polo PKK.]]
Na década dos [[2000]] o PKK comezóu a cuestionar se a loita armada era a vía correcta para alcanzar a independencia de Kurdistán. No 2005 publícase un breve libro da man de Öcalan que expón un novo concepto, o confederalismo democrático. Esta nova ideoloxía, basadabaseada na [[ecoloxía]] social de Murray Bookchin, malia non rexeitar a posibilidade da independencia, afirma que aceptarían una [[confederación]], isto é, que as partes do Kurdistán divididas entre varios Estados ([[Iraq]], [[Siria]], [[Irán]] e [[Turquía]]) gocen dun alto grado de [[autogoberno]], de maneira similar a un Estado confederal.
 
A principal organización que se encargou de facer realidade estas teorías foi a ''Koma Civakên Kurdistan'' ou ''KCK'' (''confederación de pobos de Kurdistán''), creada durante o encarcelamento de Öcalan. Esta organización é a encargada de coordinar ideolóxicamente a todalas organizacións vinculadas ao movemento de liberación kurdo, e engloba máis de 600 organizacions sociais, políticas e culturais dos catro territorios que conforman o Kurdistán.